-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama unha partida orzamentaria suficiente para crear intranet educativa e pór en marcha a figura do Mediador Cultural

13/11/2007

* O Grupo Municipal Popular solicitará que nos orzamentos do Concello en materia de educación se contemplen partidas específicas para a posta en marcha en Lugo da figura do mediador cultural e tamén para crear unha intranet educativa no Municipio de Lugo.


No tocante á figura do mediador cultural Alicia Pena indicou que esta persoa sería clave para facilitar a integración dos alumnos e das familias inmigrantes no sistema educativo e na sociedade.

Pena Murias cre que sería necesario designar, como mínimo, tres mediadores culturais para colectivos que hai en Lugo como os de marroquís, paquistanís, chineses...


A edila propón que nos próximos orzamentos o Concello cre unha partida específica para a posta en marcha dun programa de mediadores culturais.

   

Respecto da intranet educativa no Concello de Lugo, a concelleira Alicia Pena, explicou que esta rede interconectaría entre si aos centros educativos non universitarios da cidade. Para levar a cabo esta iniciativa habería que dotar dun aula de informática, a todos os centros que non a teñen, e ofrecer a través dela unha serie de servizos.

foto
 

O que se busca é crear un espazo para intercambio de experiencias educativas. Para a edil popular esta informatización en rede permitirá que alumnos e profesores teñan acceso á utilización habitual de todos os recursos que a informática ofrece.

Os deberes do Concello serían:
1º Equipamento de aulas informática onde non as haxa. Un servidor de aula e os postos suficientes para cubrir as necesidades dunha unidade escolar.
2º Establecer Intranet entre as aulas dos colexios, que quedarían unidas ao servidor común de carácter local xestionado pola concellaría de educación.
3º Creación dun espazo virtual educativo dentro da páxina web do Concello con enlaces a servizos e entidades educativas como museos e centros socioculturais.

Parque López Mella.-

No tocante aos proxectos pendentes Alicia Pena lamentou que en dous mandatos o PSOE sexa incapaz de cubrir o Parque infantil de tráfico López Mella.

"Xa van dous orzamentos nos que se contemplou unha partida para esta obra sen que chegase a materializarse. Esperamos que a terceira sexa a vencida", puntualizou.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo