| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular solicita que antes de bloquear os garaxes dunha zona por causa das obras e proporcione ou sinalice un aparcadoiro alternativo aos residentes |
12/11/2007 |
|
* Enrique Rozas: Cando o Partido Popular levou a cabo as obras de peonalización do casco histórico, ofreceu zonas provisionais para estacionar.
|
O Grupo Municipal do Partido Popular solicita que o Concello ofreza alternativas aos veciños que, como consecuencia da realización de obras puntuais, non poden acceder aos seus garaxes. Os populares explican que recibiron queixas de cidadáns, sobre todo do casco histórico, que durante varios días, por causa dos traballos de renovación do pavimento, quedaron sen garaxes.
|
| |
|
Por iso é polo que o Grupo Municipal solicite que o Concello antes de bloquear unha zona proporcione ou sinalice unha alternativa de aparcadoiro para os veciños afectados "simplemente fai falta unha coordinación adecuada entre as distintas concellarías e ganas de solucionar os problemas reais sen crear outros novos".
Por pór un exemplo de boa xestión, durante o mandato do Partido Popular, con motivo das obras de peonalización do casco histórico habilitáronse zonas de aparcadoiros alternativos.
|
|
| |
Conflito co Director Xeral da Policía.-
Por outra banda, Enrique Rozas teme que se repita novamente o fracaso do nomeamento do Director Xeral da Policía. O concelleiro popular asegura que, unha vez máis, hai discrepancias importantes nos criterios do funcionamento deste servizo. O Concello gastou 60.000 euros en cargos directivos sen conseguir mellorar o servizo da policía local.
"Non fai falta ser concelleiro para ver que seguen sen resolverse os problemas da policía: faltan axentes nas quendas, non hai presenza suficiente na rúa..."
"O alcalde, os tres concelleiros delegados, e os dous directores xerais que se encargaron do servizo foron incapaces de reorganizar a policía local". Rozas afirma que á vista está que os responsables finais da situación actual son os políticos e non os axentes.
O último conflito que se coñeceu reflexa que os problemas da reestruturación deste corpo responden unicamente a criterios políticos " o alcalde vai por unha banda e o director xeral por outro".
Desde o Grupo Municipal sempre se apostou por designar para o posto de Director da Policía a un axente dos que hai na actualidade no cadro de persoal " entendemos que hai candidatos dabondo, suficientemente preparados e con experiencia para dirixir o corpo".
Rozas afirma que o equipo de goberno lanza cortinas de fume para ocultar as razóns reais da súa incapacidade de facer funcionar á policía.
|
| |
|