-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular levará a pleno a creación dunha Comisión Local de Seguridade Viaria

10/11/2007

* García Díez: "Necesítase un plan de acción con solucións rápidas e eficaces para acabar cos puntos negros de tráfico do centro urbano".
* Enrique Rozas lamenta que se "cren novos problemas de circulación sen dar unha solución aos que xa existen".
* Os populares presentaron esta iniciativa nun cruzamento que se está sinalizando en contra das numerosas queixas dos veciños da zona do Sacro Corazón.

 

O Grupo Municipal presentará un rogo para debater no próximo Pleno para que se constitúa o máis axiña posible, unha Comisión Local de Seguridade Viaria que achegue solucións, rápidas e eficaces, para acabar cos puntos negros de tráfico da cidade. Tamén servirá para coordinar a sinalización de obras que realizan en Lugo outras administracións.

A xuízo do Grupo Municipal Popular esta mesa de traballo debería de estar integrada no Consello Local de Seguridade Viaria, un organismo que, pese as promesas dos responsables do goberno local, a día de hoxe aínda non se constituíu.

Os populares solicitan que nesta mesa de traballo estean representados todos os grupos políticos do Concello, técnicos e funcionarios municipais das áreas implicadas (policía municipal, gabinete de tráfico, servizo infraestruturas, negociado de transportes...) así como sectores afectados (taxistas, repartidores e colectivos como motoristas, ciclistas").

Malestar veciñal.-


Para a presentación desta iniciativa o portavoz do grupo popular, Joaquín García Díez e o concelleiro Enrique Rozas trasladáronse ata un dos últimos puntos conflitivos de tráfico.

Enrique Rozas explicou que aos vehículos que saen da rúa Fontaneira con Serra de Meira en dirección á Avenida Carlos Azacárraga élles imposible incorporarse á rotonda. O concelleiro popular indicou que o malestar entre os veciños é grande xa que esta prohibición xorde tras o pintado da sinalización horizontal que se está levando. Rozas solicita que se reformule un acceso directo a Carlos Azcárraga así como o pintado dun paso de peóns para facilitar o cruzamento da rúa Serra de Meira aos veciños que acceden a pé por cálea Fontaneira.

Este é un exemplo máis que demostra a falta de planificación e a descoordinación que hai na ordenación do tráfico da cidade. De feito recentemente o Grupo Municipal elaborou un informe detallando máis dunha vintena de puntos conflitivos, entre os que figura outro situado a escasos metros.

Fíxose referencia tamén ao cruzamento semafórico na confluencia de Carlos Azcárraga con Venancio Senra e Galegos, que leva sen funcionar desde o inicio da obra de acondicionamento deste viario. O PP urxe ao Goberno Local para que se poña en funcionamento de xeito inmediato.

Desde o Grupo Municipal Popular ofrécese unha vez máis toda a colaboración en materia de seguridade viaria: "Queremos buscar solucións para evitar os accidentes de tráfico que se producen en determinados puntos negros da cidade, e por iso é polo que presentemos este rogo ao pleno. Consideramos que é bo que todos participemos e tratemos de buscar o consenso para un tema tan preocupante e que afecta a todos".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo