| |
Máis dun centenar de colaboradores do PP da zona rural apoian a renovación dos pedáneos |
06/11/2007 |
|
* O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez anuncia que esta mesma semana presentará unha proposición para renovar aos pedáneos das 54 parroquias de Lugo
* O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro fai unha chamada para que todos arrimen o ombreiro e traballen de face a gañar as próximas eleccións xerais
|
O Partido Popular anuncia que nesta semana presentará unha proposición para renovar aos pedáneos das 54 parroquias do municipio de Lugo.
Esta iniciativa foi un dos asuntos abordados nunha reunión do Partido Popular que tivo lugar onte a noite e á que asistiron máis dun centenar de pedáneos e colaboradores da zona rural. García Díez explicou que lle pareceu unha "tragicomedia" escoitar dicir no pleno que como Orozco é o mesmo alcalde que fai oito anos, non facía falta renovar aos pedáneos.
|
O portavoz popular indicou que "neste encontro os asistentes valoraron moi positivamente que se forzase ao goberno socialista a renovar a confianza dos pedáneos actuais".. |
|
| |
|
Pola súa banda a intervención de José Manuel Barreiro púxose de manifesto a idea do Partido de potenciar a política de proximidade "cando non se goberna hai que fortalecer o partido e para iso hai que estar na rúa", o presidente provincial insistiu en pedir a colaboración de todos "hai que contar con todo o que queira arrimar o ombreiro". |
Barreiro explicou que a idea desta primeira rolda de encontros con responsables dos distritos da cidade é engrasar ao máximo o partido de face ás eleccións.
Á reunión con colaboradores da zona rural asistiron ademais de José Manuel Barreiro, o Portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez e o concelleiro responsable da zona rural, Manuel López.
|