-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular abriu hoxe un novo calendario de reunións sectoriais. A primeira reunión tivo lugar coa directiva da CEL

05/11/2007

* Os populares solicitan o respaldo dos empresarios ás emendas dos Orzamentos Xerais do Estado de mellora de infraestruturas.
* O grupo popular comparte a preocupación do sector pola tardanza en dispor de chan industrial.
* Joaquín García Díez: "Antes de buscar a proxección de Lugo en Arxentina é prioritario atender ás necesidades dos que están aquí xerando emprego".

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, acompañado polas concelleiras Cristina Ares e Teresa Taboada mantiveron, este mediodía, unha reunión coa directiva da CEL.

A idea do grupo municipal popular é manter contactos periódicos como estes con todos os sectores económicos, e non só en campaña. "Deste xeito hai unha relación directa sen perder o pulso real da rúa, e atendendo as demandas específicas de cada sector" puntualizou o portavoz do grupo popular.

Nos próximos días están previstas dous sectoriais máis similares á celebrada este mediodía. Unha delas será con mozas e a segunda coa directiva de Aspnais.

Apoio ás infraestruturas.-


O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular ten claro que "antes de ir facer propaganda a Arxentina e proximamente a China é prioritario atender ás necesidades dos que están aquí xerando emprego".

foto
 

Joaquín García Díaz solicitou o apoio dos empresarios para impulsar os avances en infraestruturas necesarias para provincia. Nese sentido explicou as distintas emendas aos Orzamentos do Estado presentadas polo Partido Popular que, esta mesma semana, votaranse na comisión de orzamento do Congreso dos Deputados.

"É de vital importancia, mentres non chega o AVE a Lugo, dispor dun ferrocarril tipo TALGO (actualmente chamado ALARIS) que reduza os tempos de viaxe con Madrid. Trataríase dunha medida provisional en tanto non chegue o alta velocidade a nosa provincia".


Falta de chan industrial.-

Os populares comparten tamén a preocupación que teñen os emprendedores que queren asentarse en Lugo, tanto para ampliar como para crear a súa empresa.


O portavoz dos populares, lamentou os continuos atrasos da posta en marcha do polígono das Gándaras e recordou como dos 26 MILLÓNS DE EUROS orzados en 2006 tan só investíronse 60.000 euros, e que o resto non se executou. "Esperemos que os 15.5 MILLÓNS DE EUROS orzados en 2007 compútense para este exercicio", puntualizou.

 
foto
Coas contas que presenta o bipartito neste exercicio confírmase que Lugo non terá en 2008 polígono industrial das Gándaras. Hai que ter en conta que os 23 millóns son insuficientes, non chegan para execución da primeira fase, que está orzada en 33 millóns de euros.

Outro tema da axenda do d ía deste encontro foi o relativo ao PXOM "estase facendo todo o politicamente posible para que salga adiante, pero vemos que se están esgotando os prazos por unha clara falta de traballo e de interese real por parte do goberno do PSOE en aprobalo".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo