-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se intensifique a investigación e persecución de delitos relacionados coa droga

02/11/2007

* Enrique Rozas explicou que hai constancia de que individuos ofrecían droga ás saídas e entradas dalgúns centros escolares da cidade.

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama que se intensifique a vixilancia policial nas entradas e saídas dos centros escolares para evitar o trapicheo de drogas. O edil popular, Enrique Rozas, explicou que hai constancia de que nalgúns centros educativos, nos últimos días, detectouse a presenza de individuos que ofrecían aos estudantes drogas.

O concelleiro popular comunicou esta mesma mañá aos responsables da policía local de Lugo e ao Subdelegado do Goberno a existencia destes casos. A xuízo do Grupo Municipal é necesario incrementar o control e persecución dos delitos relacionados coa droga, así como a presenza policial nos centros escolares de Lugo, e para iso tamén solicitou un esforzo na coordinación dos distintos corpos de seguridade.
foto

Respecto ao Concello de Lugo, Rozas pediu que se aproveiten os efectivos policiais que ten o corpo e que durante os anos que gobernou o Partido Popular formaban parte da brigada de estupefacientes. O traballo destes axentes ata chegou a contar co recoñecemento das autoridades locais e xudiciais da cidade: "É unha mágoa que se estea desperdiciando a profesionalidade e coñecementos de axentes da policía local sobre esta materia tan específica para a cal contan cunha importante formación e experiencia".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo