O Grupo Municipal do Partido Popular reclama que se repoñan os colectores de recollida de lixo que están situados na rúa Finisterre, rúa Torre, camiño do Souto, Barrio da Croa, rúa Menta e Mazaira.
A concelleira popular, Teresa Taboada, explica que a maioría dos colectores de lixo na zona de Albeiros presentan un lamentable aspecto “están rotos e moi sucios”. A edila popular tamén pediu que se incremente a periodicidade da recollida xa que nalgunhas ocasións, segundo os veciños, ata pasan tres días sen que se baleiren o seu contido.
. |