-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide o apoio do equipo de goberno para construír novas instalacións para a protectora

28/10/2007

* As dependencias onde se recollen os animais abandonados están obsoletas e masificadas
* Teresa Taboada reclama que, mediante colaboración institucional, o Concello impulse este avance.


O Grupo Municipal do Partido Popular presenta un rogo para o próximo Pleno Municipal no que solicita ao goberno do PSOE que realice as xestións necesarias que posibiliten a construción de novas instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas, dado que "as actuais dependencias están totalmente obsoletas e teñen unha limitada capacidade que supera a situación de saturación".

A Concelleira popular, Teresa Taboada, puxo de manifesto que a situación de masificación e a deterioración do centro, consecuencia da gran actividade que alí leva a cabo, están repercutindo no servizo que presta a entidade.

foto
foto
É moi complicado, nestas circunstancias, ofertar aloxamento que cubra a gran demanda e que este cumpra uns requisitos mínimos de benestar para os animais”.

Teresa Taboada pretende con esta iniciativa conseguir que o goberno socialista de Lugo apoie a Sociedade Protectora e implíquese, mediante a colaboración institucional que considere oportunas, na construción dunhas novas instalacións solucionando as graves carencias que, na actualidade, ten o centro de acollida de animais abandonados.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo