-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular insiste en coñecer en que situación están as xestións do Auditorio

26/10/2007

* García Díez presentou unha pregunta oral para o próximo pleno.
* Durante o pleno de Outubro o Alcalde recoñeceu traballar nun "Plan B", que sitúa o auditorio nun lugar que se nega a desvelar.
* O Goberno Municipal traballa de costas aos lucenses e segue unha política de segredo respecto dunha dotación absolutamente necesaria para a cidade.


O Grupo Municipal do Partido Popular rexistrou esta mañá unha pregunta para resposta oral no próximo pleno (que se celebrará o luns 5 novembro) na que se piden explicacións pola situación na que se atopa actualmente o denominado "Plan B" para a construción do Auditorio de Lugo.

Durante o desenvolvemento do último Pleno Municipal celebrado o pasado 1 de outubro, o Grupo Municipal Popular presentou un rogo relativo á adopción de medidas de face a conseguir un pronunciamiento definitivo sobre a viabilidade do proxecto de auditorio de Lugo no Cuartel de San Fernando. O goberno municipal, a través do seu alcalde, falou de preparar un Plan B.

foto
Coa finalidade de coñecer cales son as medidas contempladas en devandito Plan, e tras as recentes declaracións de hoxe da Conselleira de Política Territorial, os populares queren que se aclare, dunha vez por todas, a situación desta infraestrutura cultural.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo