-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular levará a pleno a potenciación da Praza de Abastos e o mercado de Quiroga Ballesteros

25/10/2007

* Na actualidade hai 18 postos baleiros, algúns deles abertos ao público e sen limpar.

* Hai que facer un esforzo para apoiar ao produtor tradicional e comerciante polo miúdo. Dentro da política de proximidade que debe levar a cabo un Concello cremos que estes mercados teñen futuro.


O Grupo Municipal do Partido Popular facéndose eco das queixas dos comerciantes e usuarios da praza e o mercado de Quiroga Ballesteros, anuncia que levará ao próximo pleno, a través dunha proposición, distintas accións para dar unha solución aos problemas que hai nestas instalacións

A edil Cristina Ares explicou que en dous anos triplicouse o número de postos de venda desocupados. Na actualidade hai dezaoito espazos baleiros, que a xuízo da concelleira popular proban o deixamento por parte do equipo de goberno á hora de promocionar a praza e o mercado de Lugo.

Na proposición do Grupo Popular ínstase a que:

1º) Que o goberno municipal estableza canles de comunicación permanentes cos comerciantes da Praza e do Mercado de Abastos de Quiroga Ballesteros.

foto

2º) Que o goberno municipal implante de forma inmediata e definitiva medidas eficaces para facer máis atractivo a ollos de comerciantes e clientes estes emprazamentos comerciais.

3º) Que o goberno municipal organice feiras e mercadillos de produtos agrogandeiros para a promoción do coñecemento e comercialización de produtos típicos do medio rural lucense.

Avances fáciles e de inmediata solución.-

A concelleira popular fixo un relatorio das cousas de inmediata e fácil solución:

* Mellorar o servizo de limpeza. Nalgúns puntos faltan tapas de sumidoiros e como consecuencia hai malos cheiros.
* Solucionar os problemas que teñen as vendedoras de verdura coas novas estruturas de aceiro que se instalaron no mercado de Quiroga Ballesteros, xa que a verdura que colocan nos mostradores escorrega polas reixas.
* Falta luz nas marquesiñas que cobren os postos.

A concelleira popular explicou que hai que facer un esforzo para apoiar ao produtor tradicional e comerciante polo miúdo. Dentro da política de proximidade que debe levar a cabo un Concello cremos que estes mercados teñen futuro.

 

foto
foto
foto
foto
   

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo