| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular, aberto a consensuar os orzamentos municipais con todos os grupos da Corporación |
22/10/2007 |
|
| |
* Critica ao PSOE pola reunión desta mañá "foi un encontro de face á galería ao que se lle puxo o apelido de consenso para xustificar determinadas actitudes"
* Quedámonos coas ganas de saber cales eran os investimentos prioritarios para o PSOE . O lóxico é que quen ten a responsabilidade de gobernar ensine a súa proposta detallada de investimento e non presente unicamente unha cifra de 20,5 millóns.
* Os populares mostraron a súa preocupación pola inclusión do Plan Urban no capítulo de investimentos xa que se non se consegue os orzamentos para o 2008 contarían con 2.200.000 euros menos de ingresos que en 2007 e os investimentos serían de 13,2 millóns de euros de fronte aos 19 do presente exercicio. |
A primeira conclusión da reunión de traballo dos orzamentos municipais é que o encontro fíxose unicamente de face á galería "púxoselle o apelido de consenso para xustificar determinadas actitudes". Tanto o portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, como o responsable de economía, José Manuel Barreiro, indicaron que o seu grupo estaba disposto a facer os esforzos necesarios para tratar de conseguir o consenso entre os tres grupos representados na Corporación. |
|
García Díez e José Manuel Barreiro lamentaron que o BNG intente excluír ao PP de calquera mesa negociadora, dicindo que só están dispostos a falar co PSOE. Pero, curiosamente Orozco non quere falar co BNG. "A día de hoxe é imposible o entendemento entre o PSOE e BNG", puntualizou o portavoz do Grupo Popular quen engadiu que "aí estará unha vez máis o Partido Popular, intentando facer de todo esta lea unha postura de sentido común e de permitir a gobernabilidade".
Carecen de modelo de cidade.-
Os populares criticaron a documentación que se lles entregou: "quedámonos coas ganas de saber cales eran os investimentos prioritarios para o PSOE . O lóxico é que quen ten a responsabilidade de gobernar ensine a súa proposta detallada de investimento e non presente unicamente unha cifra de 20,5 millóns" ratifícando que "o PSOE non ten un proxecto de cidade". Nese sentido, José Manuel Barreiro puntualizaba que "un non pode eludir as súas responsabilidades. O alcalde de Lugo é o señor Orozco, e quen goberna é o PSOE e non o PP". O portavoz de economía do Grupo Popular pedía que se defina o modelo de cidade, algo que considera que non está rifado coa posibilidade dun consenso.
Pola súa banda o portavoz do Grupo Municipal avanzou que se comprometeu a entregar en próximos encontros cal é a proposta de investimento do seu equipo para cruzar ambas as propostas rexeitando de plano a iniciativa de que cada grupo reparta en función dos concelleiros o investimento "Non se trata dunha repartición de cromos en función do número de concelleiros. Non é coherente nin ten sentido ningún. Ese modelo de política económica non existe".
|
Venda patrimonio.-
O Partido Popular solicitou tamén información sobre o nivel de execución do orzamento: "Hai que verificar os ingresos que se están orzando para o 2008".
Dentro do apartado dos ingresos no Capítulo 6, destacar os 3,7 millóns de euros derivados da venda de aproveitamentos urbanísticos, "que veñen supor unha rebaixa de case 760.000 euros con respecto ao 2007". José Manuel Barreiro criticou a venda de patrimonio público sen que reverta en accións concretas "Se vendemos patrimonio municipal sería moi importante que os ingresos derivados desas vendas aparezan ligados a investimentos concretos". |
|
Preocupación programa Urban.-
A inclusión do programa Urban no capítulo de investimento é motivo de preocupación para o PP, "xa que se trata dunha actuación que está no aire". Se non conseguimos o plan presentado estaremos falando duns orzamentos para o 2008 con 2.200.000 euros menos de ingresos que en 2007. Quedaría polo tanto como novo investimento 13,2 millóns de euros fronte aos 19 que tivemos en 2007.
García Díez matizou que "cremos que é positivo un programa Urban para Lugo, pero se polo que fose non se logra esperemos que Orozco teña a valentía e gallardía de defender un programa de investimentos que suplan ou polo menos, como fixo o PP, multiplique por tres o investimento". |
|