* ANTE A REACCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO O PP DECLARA O SEGUINTE:
* O Grupo Municipal Popular critica a actitude do equipo de goberno ante o informe presentado sobre deficiencias de colexios. A resposta que se deu onte desde o Concello o único que demostra é "que a preocupación e o interese polos centros escolares da cidade é nula".
* É FALSO que a responsable de educación do PSOE non tivera coñecemento das obras que se necesitan nos centros educativos. Alicia Pena ten documentos con acuse de recibo nos que figuran as distintas necesidades que cursaron desde os colexios da cidade.
* Ante a virulenta reacción da concelleira responsable o PP declara que "O único que fixemos desde o Grupo Popular foi a avisar, dun xeito cordial, das deficiencias que existen nas comunidades escolares".
* O Grupo Municipal Popular considera unha "escusa de mal pagador" trasladar a responsabilidade aos directores. |