-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Informe sobre deficiencias detectadas nos centros escolares de Lugo

17/10/2007

 

* O Grupo Popular pide un control da maquinaria pesada que a diario manobra diante da porta principal do I.E.S. Leiras Pulpeiro.
* Tamén reclaman unha solución inmediata aos gases e malos cheiros que se filtran, da sala de caldeiras, ao comedor e cociña das Gándaras.
* En ambos os casos solicitan que a actuación sexa inmediata "antes de que teñamos que lamentar un accidente".
* Pena mostra a súa incredulidade ante a negativa do concello de fixar un xogo infantil que compraron os pais para parque do Colexio de Nadela

 

A concelleira Alicia Peña alertou esta mañá da situación de risco dos escolares e persoal que accede ao Colexio Casás. A diario maquinaria pesada manobra xusto diante da porta principal. Desde o Grupo Popular reclámase ao equipo de goberno que controle esta situación "antes de que teñamos que lamentar un accidente". Pena explica que se deben tomar medidas enseguida porque a obra de gran envergadura que se está levando a cabo en Abella provoca un gran tráfico de vehículos pesados importante.

Alicia Peña tamén se fai eco doutra demanda urxente para evitar situacións de risco no Colexio das Gándaras. Aquí hai temor polo monóxido da combustión e os malos cheiros da caldeira de calefacción que se perciben nos locais anexos como cociña e comedor. É urxente a colocación dunha porta estanca que impida o paso dos gases contaminantes e cheiros; tamén é necesario ventilar adecuadamente a sala de caldeiras.

   

Respecto da seguridade tamén reclamou un reforzo de presenza policial ás horas de entrada e saída.

Outro caso rechamante que destacou Alicia Peña, e que xa vén de anos atrás, é o do polémico parque infantil de Nadela.

foto

Alicia Peña explicou como os nenos deste centro estiveron un curso académico completo co parque pechado (2005-2006) porque os xogos non se adaptaban á normativa, aínda que o ano pasado o Concello abriuno sen modificar nin mellorar nada no recinto. Agora a polémica continua xa que os pais dos pequenos compraron unha casa de xogos e o Concello negouse a colocar a base de cemento que desde a dirección do centro solicitouse.

Deficiencias de mantemento.-

Aparte destes casos o informe sobre as deficiencias detectadas nos centros educativos da cidade que o Grupo Municipal Popular presentou esta mañá, destaca que na maioría dos casos trátase de problemas de mantemento de fácil solución.

Pena tamén enumerou as peticións dos centros relativas a cuestións de mantemento que asegura veríanse solucionadas cun pequeno esforzo económico.

  • No Colexio da Ponte reclaman novo pavimento para o patio traseiro e solicítase que antes de que comecen as choivas límpense en condicións os sumidoiros que están en mal estado e tupidas. Alicia Peña demandou tamén que se arrombe o muro exterior deste centro educativo que está moi deteriorado e cheo de silvas.
  • No colexio de Albeiros é necesario arranxar o lucernario xa que cando chove hai pingueiras. Os pais deste centro tamén se queixan de que a estas alturas non funcione o servizo de comedor.
  • Para o Colexio do Sacro Corazón Pena pide que se de unha solución ás filtracións de humidade que hai nos muros que lindan coa igrexa.
  • No colexio de Casás é necesario renovar as persianas de aluminio que ten o centro "están oxidadas e nin pechan nin abren". Para os máis pequenos do colexio pídese que se cubra o patio de educación infantil con goma caucho e novo mobiliario para as aulas. Outras demandas pasan polo cambio das canastras de baloncesto que están moi deterioradas.
  • No Colexio Paradai as reclamacións céntranse na revisión da instalación eléctrica e adecuación de zonas de recreos (repor papeleiras, céspede campo de fútbol e xogos infantís adaptados á normativa.
  • No Colexio Rosalía de Castro reclaman arenero, canastras para patio infantil e novas redes no polideportivo "están cheas de buracos e practicamente non valen para nada".
  • No Colexio Menéndez Pelayo, ao dividir o aula do salón de actos para pór en marcha o comedor, quedoulles un espazo moi reducido como zona para desenvolver actividades polo que se solicita o acondicionamento doutra aula nova adicional.
  • No Colexio Virxe da Soidade As Gándaras.- Para este centro reclámanse papeleiras, novos xogos infantís (xa que na actualidade non hai elementos para os nenos), e o máis importante, modificar as portas dos edificios que abren cara a dentro, o que supón un risco en caso de urxencia
 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo