| |
O Grupo Municipal Popular critica a política de brazos curzados do Goberno á hora de abordar o conflito da Policía Local |
17/10/2007 |
|
| |
* Enrique Rozas "con esta actitude preténdese trasladar toda a responsabilidade aos axentes".
* O edil popular ve contradicións na postura do Concello que recoñece que non hai policías expedientados e que non hai situacións ilegais.
* Os populares piden solucións inmediatas.
* O edil popular insiste no fracaso da última reestruturación do servizo e pon como exemplo o conflito dos motoristas. |
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao goberno local de "estar de brazos cruzados" ante os conflitos da policía local. Para Enrique Rozas é "patético" que unha cidade como a de Lugo, con 90.000 habitantes que pagan relixiosamente os seus impostos, non dispoñan dun servizo de policía excelente.
Esta actitude de "brazos cruzados por parte do Alcalde, do concelleiro delegado e do director xeral da policía local" ten un claro obxectivo: desprestixiar e trasladar toda a responsabilidade deste conflito unicamente aos axentes da policía local. Rozas puntualiza que o propio equipo de goberno recoñeceu publicamente que non hai policías expedientados e que non existe ningunha situación ilegal. |
| |
|
Motoristas.-
Enrique Rozas volveu criticar a reestruturación do servizo da policía local e puxo como exemplo o conflito que existe entre os axentes que utilizan moto para patrullar.
O edil popular recordou que a negativa dos policias a prestar servizo en moto non foi exclusivamente por tema de vestiario adecuado, tal e como o concello pretendeu trasladar á cidadanía. Os axentes consideran que esta prestación debería recollerse na reestruturación da policía como un servizo específico.
|
|
O Partido Popular cre que a dirección da policía continúa desnortada pese a contratación dun director xeral que cobra cada mes máis de 4.000 euros. Enrique Rozas insistiu en que hai que tender á especialización do corpo, unha idea que defendeu o anterior director da policía e que sospechosamente desapareceu poucos meses logo de chegar a Lugo. |