| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular defende melloras para menores de 36 anos e pide que se revisen algunhas taxas de Servizos Sociais |
16/10/2007 |
|
| |
* Exención durante dous anos do IBI nos locais nos que se desenvolva a actividade de empresas propiedade de mozas de menos de 36 anos nas que, polo menos, o 60% do persoal pertenza tamén a esa franxa de idade.
* Tamén se propón a rebaixa de catro a tres euros por cada comida a domicilio para o grupo de usuarios con ingresos mensuais de entre 650 e 750 euros.
* A edila popular, Cristina Ares, considera "pouco social" o uso do IPREM, en lugar do SMI (Salario mínimo interprofesional) como indicador nos servizos sociais polo que reclama a súa substitución nos cálculos. |
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular, a través da concelleira Cristina Ares propuxo, na reunión que se celebrou esta mañá, varias modificacións ao proxecto de actualización das ordenanzas fiscais e reguladoras dos prezos públicos presentado polo goberno municipal, así como a revisión doutras ordenanzas fiscais que os socialistas non previran reformar para o próximo período impositivo.
Bonificacións.-
O Grupo Municipal Popular manifestou o seu acordo co establecemento dunha nova bonificación na taxa e no imposto sobre construcións, instalacións e obras, para obras de rehabilitación na zona rural. |
| |
|
Os populares propón a maiores que nas licenzas relativas á construción de vivendas e instalacións vinculadas a explotacións agrícolas, que serán obxecto dunha redución do 50% nas taxas reguladas pola ordenanza fiscal, incorpórese un tratamento especial para os menores de 36 anos, consistente en que os máis novos teñan que pagar unicamente o 10% das taxas reguladas nas licenzas relativas a construcións de vivendas e instalacións vinculadas a explotacións agrícolas. |
|
A edila popular propuxo tamén, en base á mesma filosofía de fomentar a creación de emprego para a xente nova dentro do termo municipal de Lugo, unha reforma na ordenanza fiscal que regula o imposto sobre bens inmobles (IBI), solicitando o establecemento dunha bonificación do 90% na cota íntegra do imposto sobre bens inmobles, sempre que así se solicite polos interesados antes da compra da súa vivenda. Tamén se aplicaría para locais nos que se desenvolva a actividade de empresas propiedade de mozas de menos de 36 anos nas que, polo menos, o 60% do persoal pertenza tamén a esa franxa de idade. Esta bonificación aplicaríase só durante dous anos, para colaborar na posta en marcha de novas empresas.
Modificacións en taxas relativas aos servizos sociais.-
Na nova taxa de servizo de comida no fogar, o Grupo Municipal detectou un erro na ordenanza fiscal. Na redacción presentada polo goberno municipal, exclúe a potenciais beneficiarios do servizo con ingresos entre o 150% e o 250% do IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples), isto é, a perceptores de rendas mensuais entre 750 e 1250 euros.
Así mesmo, a concelleira popular estima excesivamente alto o cobro de 4 euros por comida a perceptores de renda entre 650 e 750 euros, solicitando, para este grupo de usuarios, unha redución dun euro no prezo da comida (unha baixa de 4 a 3 euros por comida servida).
Igualmente, a edil do Grupo Municipal Popular acusou de "pouco social" o emprego do IPREM, en lugar do SMI (Salario mínimo interprofesional) como indicador nos servizos sociais, o que equivale a incorporar no cálculo os ingresos e o número de membros da unidade familiar, e non unicamente as rendas persoais dos beneficiarios, algo que tende a prexudicar ás familias de clase media-baixa.
Este cálculo baseado no SMI tamén se deberá aplicar, segundo a proposta popular, nas taxas pola prestación do servizo do centro de día. |
| |
|
|