| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular solicita que se sinalice que a auga da fonte de San Vicente non é potable |
12/10/2007 |
|
| |
O Grupo Municipal Popular reclama que na fonte de San Vicente sinalícese cunha placa, ou o sistema que o Concello considere oportuno, que a auga non é apta para o consumo. A sinalización, puntualiza a Concelleira popular, Teresa Tabeada, debe ser respectuosa coa nobreza deste elemento arquitectónico. |
Segundo denuncia a edil Teresa Tabeada, tras a súa recente apertura ao público, moitos lucenses beben dos seus caños por desinformación, "unha imaxe que se detecta sobre todo nas horas da movida", polo que o Grupo Popular, por motivos de saúde pública, solicita que se sinalice adecuadamente. |
|
A Concelleira popular lamentou tamén que aos poucos días de apertura da fonte aparezan tirados no seu interior restos de vasos, botellas, ou lixo. Neste sentido solicita ao Concello que adopte as medidas oportunas para evitar tanto a mala imaxe como a deterioración deste elemento singular da zona dos viños de Lugo. |
|
|
|