-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Partido Popular vixiará que As Gándaras teña orzamento

04/10/2007

* A mala xestión municipal fixo que Lugo perdese 26 millóns de euros da partida prevista para o polígono nos orzamentos de 2006 da Xunta.
* Os empresarios que desexen investir no polígono terán que esperar como mínimo un ano para poder adquirir os terreos.

O concelleiro popular Jaime Castiñeira anunciou que os deputados do PP de Lugo estarán moi atentos para que nos orzamentos da Xunta de 2008 inclúase a partida suficiente para levar a cabo a urbanización do polígono das Gándaras. Segundo estimacións da propia Consellería de Vivenda, tal e como se recolle nunha contestación a unha pregunta do grupo parlamentario popular, para acometer estes traballos precísase dunha cantidade de 57 millóns de euros.

Castiñeira insta a todos os grupos políticos a traballar unidos para conseguir a cantidade suficiente, nos Orzamentos de 2008, para que Lugo dispoña canto antes do polígono industrial.

Os populares criticaron o atraso do equipo de goberno do PSOE na xestión dos terreos. Lugo perdeu os 25.939.877,00 euros previstos nos Orzamentos de 2006. Dese diñeiro só se investiron 50.800,00 euros. " Esperemos que os 15,5 millóns de euros previstos neste exercicio aprovéitense para pagar as expropiacións dos terreos".

foto

O Partido Popular tamén mostrou o seu convencemento de que ata vinte días antes das eleccións xerais non se van a licitar as obras de urbanización do polígono industrial. Ao ritmo que van as xestións "os empresarios que desexen investir terán que esperar como mínimo un ano para poder adquirir os terreos".

O Grupo Popular asegura que se hai que ir a un proceso de expropiación, incluída a ocupación e aínda que que sexa por mutuo acordo, hai uns prazos mínimos e hai que dispor dun diñeiro. Nos orzamentos de XESTUR de 2006 figuraba unha partida específica de 26 millóns de euros que se perderon; e no de 2007 hai tan só 15, polo que se se usa ese diñeiro para pagar as expropiacións non queda o suficiente como para chegar á licitación.

Atrasos.-

Unha vez máis se cumpren os prognósticos do Grupo Popular. En xaneiro deste ano, desde as filas populares xa se anunciaba a desconfianza de que o Concello fose capaz de entregar á Xunta de Galicia antes deste verán os terreos das Gándaras.

Á vista está que os cálculos do Partido Popular eran correctos. "Os prazos que barallou o equipo de goberno eran moi optimistas". A xuízo do Grupo Popular a falta de traballo e a lentitude de reflexos retardaron a posta en marcha da bolsa de chan industrial das Gándaras.

O Grupo Popular confía en que a firma deste convenio non se converta en algo similar ao caso do auditorio ou da ponte sobre o Miño.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo