-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Resumo dos asuntos tratados no Pleno de Outubro de 2007

01/10/2007

 
1.- Proposición sobre a RPT municipal:

Proposta do BNG transaccionada co Partido Popular, en que se propuña a revisión da RPT do Concello de Lugo para evitar os actuais problemas xurdidos na xestión do persoal, que tantos quebradizos de cabeza, e sentenzas negativas para o Concello, xerou en Lugo.

O PSOE votou en contra argumentado que o Partido Popular e o BNG pretendían invadir competencias do Equipo de Goberno, mentres que as dúas agrupacións da oposición matizaron que unicamente se pretendía colaborar co Equipo de Goberno para solucionar este grave conflito, que xa dura varios anos.

O voto de calidade do Alcalde evitou a súa primeira derrota, xa que dirimiu o empate producido tras a ausencia do novo concelleiro do BNG, Xosé Chorén Vázquez, por motivos persoais.

Imagen
Quique Rozas
Exposición inicial
Enrique Rozas López - PP
Imagen
Imagen
Resposta do Equipo de Goberno
Votación
2.- Proposición do PP sobre transportes para minusválidos:

A concelleira Sofía López foi a encargada de expor esta proposición do PP para que o Concello de Lugo tramite ante os organismo oportunos (Xunta e RENFE-ADIF) as peticións para que estes doten ás estacións de autobuses e tren de Lugo de acceso para minusválidos.

Así mesmo, fíxose unha petición para que as empresas encargadas do transporte de viaxeiros operen con vehículos adaptados.

Todos os grupos votaron favorablemente a esta proposta do PP

Sofía López Linares
Imagen
Exposición inicial por
Sofía López Linares - PP
Paz Abraira - BNG
Imagen
Imagen
Resposta do Equipo de Goberno
Votación

3.- Proposición do Partido Popular para instar á Xunta a eliminar o imposto de sucesións:

José Manuel Barreiro, concelleiro e Presidente do Partido Popular de Lugo, propuxo ao Pleno que o Concello da cidade instase á Xunta de Galicia a dirixir a súa política a unha progresiva desaparición do imposto de sucesións, tal e como se está facendo nas Comunidades Autónomas gobernadas polo PP.

Tanto o BNG como o PSOE opuxéronse a esta redución de impostos argumentando que esta medida só beneficiaría ás grandes fortunas, motivo rebatido por Barreiro ao explicar que a situación actual o que fai é que os interesados soporten dous impostos por un mesmo capital: o IRPF e, no seu caso, o imposto de sucesións.

José Manuel Barreiro
Imagen

Exposición inicial por
José Manuel Barreiro - PP

Resposta do Equipo de Goberno
Imagen
Votación
4.- Rogo sobre control de gabias

O concelleiro Jaime Castiñeira elevou un rogo ao Goberno Local para que o Concello faga un seguimento serio que evite o actual caos urbanístico que supón a apertura e peche de rúas por diferentes obras e servizos.

A intención do rogo é que unha vez arránxese unha rúa, as empresas de servizos que se vexan obrigadas a perforala, teñan o deber de deixala posteriormente igual que estaba, sen diferenzas de pavimentos, fochancas ou "parches" como sucede actualmente.

Segundo o Goberno Municipal isto non sucede e en Lugo non hai rúas parcheadas.

Jaime Castiñeira Broz
Imagen
Exposición inicial por
Jaime Castiñeira Broz - PP
Resposta do Equipo de Goberno
5.- Pregunta sobre o convenio de limpeza da Muralla de Lugo

Teresa Taboada, concelleira encargada de Medio Ambiente do Grupo Municipal Popular, fixo unha pregunta sobre o convenio remitido pola Consellería de Cultura ao Concello de Lugo para a limpeza do noso principal monumento.

O concelleiro de Medio Ambiente respondeu que dito convenio non era do agrado do Goberno Municipal e que propuxeran unha reforma do mesmo. En lugar de asinalo este ano para que a Muralla estivese limpa e facer as súas observacións para o convenio do 2008, o goberno local aprazou a firma do mesmo, co que este verán os visitantes de Lugo tiveron que soportar a maleza que se apropiou de zonas da Muralla.

Os continuos desencontros entre PSOE e BNG no goberno da Xunta parecen pasar factura á cidade de Lugo.

Teresa Taboada Candal
Imagen
Exposición inicial por
Teresa Taboada Candal - PP
Resposta do Equipo de Goberno
6.- Pregunta sobre o Auditorio en San Fernando:

O Portavoz do Grupo, Joaquín García Díez, preguntou ao Goberno Local polo estado do novo Auditorio de Lugo e se, como parece ante as recentes declaracións do Alcalde na prensa, planean modificar o proxecto aprobado en 1999 por unanimidade de todos os grupos e construír o auditorio fose do centro.

A resposta do Alcalde non foi tal, xa que resumiu as actuacións que o propio García Díez fixo na súa etapa de Alcalde e culpou, tanto directa como indirectamente, ao BNG de que non se construíu xa o auditorio en San Fernando. A continuación falou dun suposto "plan B" que contemplaría a construción do Auditorio noutra localización, fóra da zona centro da cidade.

O Portavoz do PP lamentou esta actitude do Alcalde, xa que se demostra unha vez máis a súa falta de interese en que o acordo adoptado en 1999 leve a cabo e que se produzan máis atrasos nesta importante dotación.

Joaquín García Díez
Imagen

Exposición inicial por
Joaquín García Díez - PP

Resposta do Equipo de Goberno
7.- Pregunta sobre os servizos de atención ao cidadán

Cristina Ares, concelleira do Partido Popular, preguntou ao Goberno Local sobre o insólito feito de que desde as eleccións de Maio de 2007 non se rexistrou nin unha reclamación ou queixa de ningún cidadán de Lugo.

Nunha cidade de 90.000 habitantes, é sorprendente que ningún eleve unha soa queixa ao Concello.

A resposta da concelleira Luisa Zarzuela foi que non hai queixas porque todos os cidadáns están contentos. Parece que na cidade non hai porqué queixarse absolutamente de nada.

Imagen
Imagen
Exposición inicial por
Cristina Ares Castro-Conde - PP
Resposta do Equipo de Goberno

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo