-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pedirá explicacións ao Alcalde polo seu "Plan B" para o Auditorio

01/10/2007

* García Díez sospeita que o plan A nunca existiu e que por iso o proxecto estivo parado durante máis de oito anos.
* Joaquín García cualificou de irresponsable e equivocada a invitación por parte do PSOE de presentar moción de censura.
* O portavoz popular achacou esta saída de ton á inexperiencia do portavoz do PSOE.
* O traballo serio do PP: Todas as iniciativas do Pleno foron asinadas polo Partido Popular, salvo unha que presentou conxuntamente co BNG.

O Grupo Municipal do Partido Popular anunciou que pedirá inmediatamente explicacións ao equipo de goberno sobre o "Plan B" de Orozco para o auditorio de Lugo. Joaquín García Díez lamenta o "silencio do goberno" que segue sen clarificar se se pode construír o proxecto previsto do auditorio no cuartel de San Fernando.

Tras o debate do pleno de onte, o portavoz do Grupo Popular puxo de manifesto que está máis preocupado que antes polo futuro desta infraestrutura: "pola intervención do alcalde despréndese que Orozco descarta pelexar polo auditorio en San Fernando, que ve moitas dificultades e que perdeu a esperanza".

A xuízo dos populares para o único que serviu o pleno de onte "foi para recordar todas as xestións que di facer, e todas as medallas que se colgou". García Díez insiste en que lle deixa ata que se apropie das que o PP puidese haberse atribuído, porque "ao Partido Popular o único que lle importa é que o proxecto salga adiante".

García Díez sospeita que o plan A nunca existiu e que por iso o proxecto estivo parado durante máis de oito anos.

foto

foto

Moción de censura.-

Para Joaquín García Díez a invitación do portavoz do PSOE, José Rábade, de asinar unha moción de censura está fóra de lugar: "nótase a inexperiencia do concelleiro socialista; non viña a conto a súa saída". O portavoz popular achaca este recado do PSOE a dúas razóns "ou ben está nervioso ou ben, por inexperiencia, escapóuselle ao seu portavoz". "O Partido Popular non está para este tipo de xogos".

García Díez cre que o portavoz do PSOE confundiu a intencionalidade da proposición que se debateu, xa que só se pretendía colaborar para dar unha saída a un problema que ten o goberno municipal co persoal municipal: "desde o Grupo Popular o que se ofreceu, durante o debate da proposición de persoal, foi unha clara postura de colaboración sen cuestionar, en ningún momento, competencias de xestión".

Para García Díez "que un goberno en minoría fale de moción de censura é como mencionar a soga en casa do aforcado". O portavoz do Grupo Popular cualificou de irresponsabilidade a oferta dos socialistas: "Para tranquilidade do goberno, dicirlles que en ningún caso ao Partido Popular pasóuselle, a día de hoxe, presentar unha moción de censura. Esperemos que o goberno municipal non de lugar a que teñamos que utilizar este instrumento".

Traballo serio.-

Para García Díez a proba de que o Partido Popular leva a cabo un traballo serio demóstrase botando unha ollada á orde do día de onte "as iniciativas de interese marcounas o Partido Popular. Foi o que encheu de contido o Pleno, polo tanto está claro quen está traballando e quen non".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo