O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia que a biblioteca municipal de Frigsa leva máis dun mes sen servizo de Internet. Desde o Grupo Popular lamentan "o deixamento e a falta de vontade do equipo de goberno á hora de solucionar este problema" xa que nesta época, co curso escolar en marcha, non é de recibo que unha biblioteca municipal careza deste servizo sobre todo tendo en conta que a utilizan numerosos universitarios, estudantes de BAC, e opositores. |