-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia a desorganización coa que o PSOE tramita o PXOM

27/09/2007

* Convocará para mañá unha reunión para tratar un informe que xa quedou visto con acordos firmes antes das eleccións
* Castiñeira entende que alguén "levou ou perdeu os papeis" e pide ao equipo de Orozco que se poña as pilas porque a este ritmo de traballo o Plan non se aprobará en novembro.

O Grupo Municipal do PP denuncia a "desorganización" coa que está traballando o equipo de goberno no proceso de tramitación do PXOM. O Concelleiro Jaime Castiñeira criticou que o goberno municipal convoque mañá unha reunión, ás 10:00, para volver analizar o informe de cultura, un documento que xa se estudou antes das eleccións municipais chegando a adoptarse acordos firmes.

"En lugar de avanzar parece que nalgúns temas imos para atrás. Así é complicado que aprobemos o plan xeral de ordenación urbana en novembro", puntualizou Castiñeira.

foto

O edil popular insinuou que "quizais alguén perdeu ou levou os papeis", en referencia ao anterior concelleiro de urbanismo e actual presidente da Deputación "se houbo un cambio de concelleiro supomos que a documentación que tiña o anterior responsable pasouna puntualmente ao seu compañeiro. No entanto Besteiro ata segue sendo concelleiro do PSOE na actual corporación polo que non entendemos esta repetición da xogada".

Castiñeira indicou que é "escandaloso e bochornoso" que con este asunto volvamos partir practicamente de cero. O edil popular pídelle ao PSOE que se poña as pilas xa que a convocatoria para mañá é para falar de cuestións que xa están vistas.

Para Jaime Castiñeira con esta repetición de reunións demóstrase a falta de capacidade de xestión do PSOE. O edil popular subliñou que ten a esperanza de que se poida aproveitar o traballo realizado nas distintas reunións nas que se tratou o informe de Cultura.

O Grupo Popular revisou esta mañá a documentación que está a disposición dos grupos municipais na secretaría do Concello. Os populares cren que o equipo de goberno debería "apertar máis ao equipo redactor". Seguen detectándose moitos edificios, algúns de recente construción, dentro de polígonos. "Se se aproba así, sen corrixir, orixinará graves problemas xa que poderían provocar innumerables contenciosos de veciños afectados".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo