-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Rajoy sumaráse o sábado seis de outubro á tradicional pulpada do partido popular

26/09/2007

*  As tarxetas poderánse retirar a partir do luns 1 de outubro nas distintas sedes do Partido Popular de Lugo

Mércores, 26 de setembro de 2007.- O Presidente Nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy Brey, sumarase á “tradicional pulpada” de San Froilán que celebra o Partido Popular de Lugo.

As entradas para participar neste xantar poderanse retirar, a partir do luns 1 de outubro, nas distintas sedes do Partido Popular: en San Marcos, no Chalet de Ramón Montenegro así como tamén nas oficinas do Grupo Municipal Popular. O seu prezo é de 30 euros.

O xantar no que participará o Presidente Nacional do Partido Popular desenvolverase o sábado 6 de outubro, ás 15:00 horas no Hotel Torre de Núñez.

Antes do xantar, aberto a afiliados e simpatizantes Mariano Rajoy Brey fará un percorrido polo recinto feiral.

foto

A data na que o lider nacional do PP estará en Lugo coincide xusto o mesmo día no que nos visitou durante o pasado San Froilán, cando participou nun acto en apoio ao actual voceiro do Grupo Popular, Joaquín García Díez.

Outra visita recente foi a que Mariano Rajoy fixo en campaña, o pasado sete de Maio, co obxecto de respaldar as iniciativas relacionadas con colectivos de discapacitados. O Presidente Nacional visitaba o Centro de Formación Ocupacional de Novas Tecnoloxías de Cogami Lugo, Confederación Galega de Minusválidos, e máis coñecía de primeira man o traballo que se desenvolve na Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías para Grandes Discapacitados que está situada no mesmo edificio.

foto
foto
 
foto
foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo