| |
| O Grupo Popular reclama ao goberno socialista que clarifique xa o seu apoio a construcción do auditorio en San Fernando |
25/09/2007 |
|
* Joaquín García Díaz critica que Orozco resucite agora o proxecto do auditorio e lamenta que o alcalde só reaccione ante a iniciativa do Partido Popular.
* É unha casualidade que as manifestacións do alcalde se fagan xusto despois de que o Grupo Popular rexistrase un rogo pedindo aclaracións sobre o futuro desta infraestructura.
* A estas alturas, despois de case seis meses sen novas, ningún organismo e administración implicada se pronunciou sobre este asunto
|
O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao equipo de goberno do PSOE que tome dunha vez por todas a iniciativa e clarifique si apoia a contrucción no cuartel de San Fernando dun auditorio. Entre as iniciativas que se van presentar ao pleno do próximo luns se inclúe un rogo no que se solicita ao concello de Lugo que recabe información, tanto ao goberno de Madrid como da Xunta, e que se adopte un pronunciamento definitivo sobre a viabilidade deste proxecto que leva xa 10 anos de retraso. |
Para Joaquín García Díez as manifestacións de Orozco constatan que o equipo de goberno deixou durmindo nestes 100 primeiros días de xestión os proxectos importantes para Lugo. O voceiro popular indicou que lle parecía unha casualidade que, as manifestacións de Orozco sobre este asunto, se produzan xusto despois de que tivese coñecemento de que o Partido Popular presentaba un rogo para o pleno do luns (a iniciativa se rexistrou o pasado venres) “está claro que este é un novo exemplo no que vemos como o PP marca o ritmo de traballo do equipo de goberno. O Partido Popular toma a iniciativa e Orozco reacciona resucitando o proxecto”.
|
|
O voceiro do Grupo Popular do Partido Popular e deputado nacional pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, tamén avanzou que o pasado día 19 de setembro presentou unha batería de preguntas, algunhas delas para resposta oral, en Comisión de Cultura.
Para Joaquín García Díez “é indignante que a estas alturas ningún organismo implicado no futuro desta infraestructura se teña pronunciado nun sentido ou noutro”. O deputado puntualiza que tralo debate dunha proposición non de lei promovida polo PP no Congreso en abril para adoptar medidas que impulsasen a construcción do auditorio en San Fernando non se fixeron máis anuncios sobre esta obra
|
|
Entre outras cousas, García Díez quere saber que xestións realizou o Ministerio de Cultura ante os organismos competentes da UNESCO de cara a obter un pronunciamento definitivo sobre a viabilidade do proxecto de construcción do auditorio. Outra pregunta oral que fará na comisión de cultura é para pedir información sobre si houbo algún pronunciamento, por parte dos organismos competentes da UNESCO clarificando os posibles impactos do proxecto da construcción do auditorio sobre a muralla romana.
|
| O deputado nacional e voceiro do Grupo Popular de Lugo presentou tamén outras catro preguntas máis á mesa do Congreso coa idea de clarificar o futuro desta obra. |
|
- ¿Qué trámites realizou o Ministerio de cultura dende o mes de maio de 2007 en relación co envío de documentos do proxecto do auditorio de Lugo aos organismos competentes da UNESCO?
- ¿Recibiu algún tipo de contestación dos organismos competentes da UNESCO?
- ¿En que termos o Ministerio de cultura manifestou o seu apoio, en nome do goberno da nación, ante a UNESCO ao proxecto de contrucción do autidorio?
- ¿Qué medidas técnicas e jurídicas se adoptaron por parte do Ministerio de cultura para clarificar documentalmente os posibles impactos de dita obra sobre a muralla?
|