-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular apela ao diálogo como solución para resolver o conflicto da policía

25/09/2007

*  
    A última reestrucruturación posta en marcha fracasou de novo.
    * Rozas pide que se tomen medidas para que a cobertura do servizo non quede baixo mínimos.
    * Segundo o edil popular o sábado 15 de setembro só houbo un axente na rúa , esa noite houbo Festival Rock e concerto de los Suaves.

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta a situación de desprestixio a que chegou a policía local por unha nefasta dirección política. Para Enrique Rozas esta situación vén de atrás tralo fracaso do experimento da contratación do primeiro Director Xeral. 

O nomeamento do segundo Director Xeral, no mes de xullo, agravou os  problemas existentes no seo da policía. A reestructuración do corpo realizada hai uns días tampouco conseguiu mellorar a situación do servizo.

O Grupo Municipal do Partido Popular cre que a situación é insostible e que só se pode resolver con diálogo real por ambas partes.

foto

Dende o Grupo Popular hai preocupación pola falta reiterada, en días sinalados incluso, de efectivos policiais suficientes na rúa. Para o edil popular, Enrique Rozas, non é de recibo que en fines de semana con actividades nas que hai importante afluencia de público non exista unha cobertura e presenza policial axeitada. Nese senso subliñou que o sábado 15 de setembro, no turno de noite, coincidindo coa celebración do Festival Muralla Rock e a actuación de Los Suaves (recinto feiral) só houbese un axente da policía na rúa. Para facer a cobertura do servizo tivo que ir acompañado polo xefe de turno.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo