-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Os prazos de aprobación do PXOM perigan seriamente

24/09/2007

* O Grupo Municipal Popular afirma que a este ritmo será moi complicado aprobar o PXOM en novembro
* Os populares propón que o Concello negocie coa Xunta que se estude por fases a documentación do PXOM.
* Sorpresa porque se seguen detectando erros de afeccións de edificios recentemente construídos.

O Grupo Municipal do Partido Popular mostrou o seu pesimismo respecto ao futuro do PXOM de Lugo "a este ritmo vemos moi difícil que se poida aprobar provisionalmente no mes de novembro".

Joaquín García Díez puntualizou que os avances con respecto ás reunións previas realizadas en agosto "foron mínimos, por iso é polo que vexamos moi complicado chegar a Novembro cun documento consensuado".

O portavoz do Grupo Municipal Popular que ofreceu a rolda de prensa xunto co concelleiro Jaime Castiñeira destacou que a achega documental na reunión desta mañá foi cero "o tratado nas reunións co equipo redactor non se acaba de ver plasmado nos planos" lamentouse.

Proposta.-

Á vista da lentitude deste proceso o Grupo Municipal do Partido Popular propón que o Concello intente negociar coa Xunta de Galicia entregarlle por lotes, unha vez consensuados, distintos planos co obxecto de que os técnicos vaian analizando por partes a documentación: "se se espera ata o último momento para enviar o caixón completo da documentación do PXOM será imposible cumprir o prazo".

foto

Máis erros por descoordinación.-

Os populares acusaron ao equipo de goberno dunha clara falta de coordinación na área de urbanismo, que non pasou licenzas de edificios en construción ou recentemente terminados, incluíndo ata edificios en polígonos.

Na mesa de traballo o Grupo Popular pediuse a corrección inmediata destes erros. Jaime Castiñeira puntualizou que nalgúns casos trátase de edificios de 60 vivendas coa estrutura xa levantada.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo