-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide aclaracións pola recepción de reclamacións e suxestións por internet

24/09/2007

* Esta mañá se analizou, na Comisión, presidida a porpular Cristina Ares, o primeiro informe da oficina de información ao cidadán

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou unha pregunta oral ao pleno relativa á recepción  de reclamacións e suxestións dos veciños no concello. A edila, Cristina Ares, quere saber se ¿está a oficina de información e atención o cidadán rexistrando as reclamacións e suxestións remitidas ao buzón do cidadán da páxina web do Concello

Na primeira reunión ordinaria da comisión de suxestións e reclamacións, que se celebrou esta mañá, analizouse o informe coas peticións presentadas durante o pasado mes.

foto

Segundo explicou a Presidenta deste organismo, a concelleira popular Cristina Ares, recibiuse unha sugestión para que se organice un concurso de recoñecemento ao mellor veciño. Entre outras razóns o demandante explica que este galardón se premiaría aos veciños máis preocupados polo estado dos seus barrios. Pendente de contestación.

As tres reclamacións:

  1. Ao servizo de novas tecnoloxías chegou unha queixa sobre o funcionando do 010 e ademáis o veciño que cursa esta reclamación queixase de  que logo de participar no programa “conéctate en Lugo” non recibiou o diploma prometido. Este lucense asegura que ninguén soubo explicar porque non se entregaba este documento.
  2. As outras dúas queixas teñen que ver coa falta de limpeza viaria.  Unha delas na rúa Gravador Castro Gil e a outra refírese a rúa Poeta Díaz Castro pola que segundo o veciño non pasa nunca o camión de limpeza. Os colectores levan catro meses sen limparse e os existentes están en mal estado.

ristina Ares recordou que para as reclamacións e suxestións que se queiran formular os veciños de Lugo deben dirixirse a Oficina de Información e Atención ao cidadán

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo