| |
| Pena Souto é nomeado Concelleiro perpetuo do Grupo Municipal Popular |
23/09/2007 |
|
* Joaquín García Díez entregoulle unha réplica da medalla da corporación deste mandato en recoñecemento polo seu traballo no partido durante os 34 anos que exerceu como concelleiro en Lugo. |
José Serafín Pena Souto recibiu un emotivo homenaxe ao que non faltaron os seus compañeiros do Partido Popular. No xantar que se desenvolveu nunha carpa situada no campo da festa de Conturiz participaron preto de mil persoas, entre elas estaban autoridades das distintas administracións así como numerosos amigos |
O voceiro do Grupo Municipal do PP, Joaquín García Díez, fíxolle entrega, en nome de todos os concelleiros, dunha réplica da medalla corporativa do actual mandado nomeándoo concelleiro perpetuo do Grupo Popular.
|
|
 |
Joaquín García Díez agradeceu a José Pena Souto a súa amizade e lembrou como sendo alcalde foi quen lle ensinou e con quen percorreu as 54 parroquias do rural de Lugo. “Hoxe comeza o outono pero eu espero que para ti comece hoxe unha primavera de moitos anos”, dese xeito remataba García Díez a súa intervención.
|
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, cedíalle ao Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, o agasallo do Partido: unha placa coa que se recoñece a xenerosidade, entrega e bo facer de Pena Souto durante os seus máis de 30 anos de traballo dentro do Partido Popular. |
|
 |
José Manuel Barreiro dixo de Pena Souto que era “un señor dentro e fóra da política” e destacou os anos que traballaron como compañeiros no concello de Lugo “Pepe ensinoume que a política é para servir e non servirse” destacando o seu compromiso social. |
|