-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide aclaracións polos casos de favoritismo na utilización dos locales de ensaio da casa da música

23/09/2007

Sofía López Linares explicou que hai usuarios descontentos coa xestión das instalacións. A edila popular pediu  que todos os conxuntos musicais de Lugo poidan utilizar estas dependencias en igualdade de condicións.

A Sofía López non lle estraña esta situación “cando o equipo de goberno do PSOE ten a casa da música como a ten”. A edila popular apuntou que hai  reiteradas queixas con respecto ao funcionamento da Casa da Música.

A edila popular quere saber que criterio utiliza o concello para elaborar os horarios para que os grupos musicais utilicen estas dependencias “ata o grupo popular chegaron as queixas dalgúns usuarios que aseguran que cando se abre a casa da música, antes de entregar as solicitudes para ocupar local xa están cubertas varias franxas horarias no taboleiro de anuncios”.
foto

A edila subliñou que hai descontento porque a normativa non se aplica igual para todos “hai grupos que teñen restrinxido a catro horas de ensaio semanais cando lle corresponderían, dacorco coas normas de utilización,  seis horas semanais repartidas en dous días ou en tres”.

López Linares pide responsabilidades ao equipo de goberno xa que “non é de recibo que unhas dependencias municipais, pagadas cos cartos de todos funcionen como un coto privado do responsable das instalacións quen, segundo denuncian usuarios, favorece aos grupos que lle interesa”. Sofía López pide que se tomen cartas no asunto para que todos os conxuntos musicais de Lugo poidan utilizar estas instalacións en igualdade de condicións.

Material.-

A concelleira do PP tamén reclamou que o concello repare ou cambie, con prontitude, o material que polo uso se estropea:  “Déronse casos de grupos que tiñeron que volver a casa sen ensaiar porque o amplificador estaba avariado e se lles negou sen motivo que ocupasen un local libre, dotado de medios que nese momento estaba baleiro.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo