-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O PP informa sobre a Lei da Dependencia

21/09/2007

* O PP de Galicia creará nos concellos que goberna oficinas de atención á dependencia para informar e asesorar ás persoas interesadas nas prestacións desta lei

O Partido Popular de Lugo promoverá a posta en marcha de Oficinas Municipais de Atención á Dependencia en tódolos concellos que goberna co obxecto de que os interesados podan informarse e solicitar as axudas correspondentes. Nesa mesma liña, nos municipios onde os populares non gobernan se presentará unha moción para instar a crear esta oficina. Tamén  se presentarán unha batería de preguntas co obxecto de coñecer o número de dependentes, que información se lles facilitou e cantas axudas se outorgaron xa dende Vicepresidencia.

Este foi un dos acordos acadados na xuntanza que presidiu esta  tarde, o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, e na que participaron os alcaldes e voceiros dos Grupos Municipais do PP de Lugo. A deputada Marta Rodríguez foi a encargada de explicar a situación de parálise na que se atopa a aplicación desta lei. Para a voceira popular a desidia do Executivo galego neste eido está a impedir que preto de 100.000 dependentes galegos podan acceder ás axudas que, a día de hoxe, teñen recoñecidas por lei.

foto

A deputada acusou ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, de desidia no que respecta á aplicación de dita lei ‘a día de hoxe, as promesas de Quintana continúan no aire, ningunha das prestacións recollidas nesta documento se están a materializar e o único que se fixo foi poñer en marcha unha campaña propagandística e fretar catro autobuses para percorrer a Comunidade alimentando falsas expectativas entre os potenciais beneficiarios das prestacións’.

XORNADAS INFORMATIVAS DO PPDEG
A xornada que se levou a cabo esta tarde forma parte dunha campaña que o PPdeG está a desenvolver por todas as comarcas de Galicia e que, baixo o lema: ‘A Lei de Dependencia: o papel dos concellos’, e que ten un dobre obxectivo:
            * Informar aos alcaldes e concelleiros sobre a situación real da posta en marcha da Lei en Galicia e as competencias que nesta materia teñen recoñecidas os concellos legalmente.
            * Informar aos posibles beneficiarios das prestacións ás que teñen dereito e como poden acceder ás mesmas, a través das Oficinas Municipais da Dependencia que creará o Partido Popular nos seus concellos.

foto

SEN NINGÚN MEDIO PARA A SÚA POSTA EN MARCHA

Durante a súa intervención, a deputada Marta Rodríguez, destacou que 9 meses despois da entrada en vigor da Lei de Dependencia, desde Vicepresidencia aínda non se habilitaron os medios económicos nin persoais para a súa posta en marcha. 

Así, subliñou que mentres o señor Quintana se comprometera a adiantar a implantación da Lei en Galicia cun ‘Plan de Choque’ e facer as primeiras valoracións do nivel de dependencia das persoas que o solicitasen a finais do mes de marzo, na actualidade aínda non se resolveron ningunha das valoracións.

VICEPRESIDENCIA NON CONTA COS CONCELLOS
A voceira popular destacou, tamén, a falla de respecto institucional e o desprezo que Vicepresidencia está a amosar cos concellos, xa que ata o de agora non se contou con eles para nada na posta en marcha da Lei, pese a ter recollidas competencias moi concretas no propio texto do documento.

Marta Rodríguez lembrou que os concellos posúen unha importante rede de atención primaria que hoxe en día xestionan boa parte dos servizos recollidos na Lei e que contan co persoal axeitado para facer chegar a información e levar a cabo o seguimento das persoas usuarias do sistema. 

foto

‘O PPdeG –afirmou- reclamou en varias ocasións no Parlamento que desde a Vicepresidencia se tivera en conta o potencial dos concellos e a súa necesaria cooperación na implantación da Lei, pero Quintana prefire ir por libre e rexeitar esta posibilidade, desprezando os servizos municipais e sen respectar as competencias que a propia Lei recoñece aos concellos na aplicación da Lei’

ASIGNACIÓN DE FONDOS, PROBA DE FOGO PARA O PACTO LOCAL

Para a deputada popular, a experiencia dos concellos na prestación de servizos sociais debería obrigar á Xunta a dotar aos concellos dun especial protagonismo na asignación dos fondos que lle correspondan para o desenvolvemento da Lei. ‘Por iso –dixo- consideramos que o reparto destes fondos suporá unha proba de fogo que permitirá calibrar a verdadeira implicación do Bipartito no desenvolvemento do Pacto Local que, polo de agora, non pasou das boas intencións plasmadas sobre papel, pero sen aplicación práctica algunha’. 

foto

Comparativamente, a voceira popular referiuse a outras comunidades onde os concellos, pola contra, si forman parte fundamental da posta en marcha desta Lei. ‘Na Comunidade de Madrid –dixo- o procedemento de valoración da dependencia se inicia a través dos centros de Servizos Sociais Municipais dos concellos onde esté empadroado o solicitante; e en Andalucía a unidade que tramita as solicitudes é o centro de servizos sociais comunitarios que lle corresponda por domicilio de residencia, entregando o impreso de solicitude no rexistro de entrada do concello ou de calquera dos centros cívicos’. 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo