-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 

O Grupo Municipal Popular estrea páxina web e nova imaxe corporativa

21/09/2007

* www.ppdelugo.com “é unha web dinámica, positiva e aberta aos cidadáns”
* Os veciños terán un espazo específico en contigo@ppdelugo.com onde se recollerán as súas suxestións ou queixas.
* Como novidade se incorpora un sistema de avisos en forma de banner.
* O voceiro terá un blog no que escribirá sobre asuntos de actualidade cunha periodicidade semanal.

As cores laranxa e branca marcarán a  nova imaxe corporativa do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo nesta lexislatura. Na propia páxina web que se presentou esta mañá se utiliza esta cor simbolizando a “vitalidade e o entusiasmo” do equipo que traballará dende o concello para conseguir, a través das súas propostas un Lugo mellor.

O voceiro do Grupo Popular Joaquín García subliñou que a idea desta páxina web é manter unha nova vía de comunicación cos veciños” e avanzou que a web será ante todo “dinámica, positiva e aberta aos cidadáns”.

contigo@ppdelugo.com

A páxina, bilingüe, ábrese cun saúdo do voceiro no que invita a participación “fuximos da confección dunha páxina propagandística xa que pretendemos que a nosa sexa unha ferramenta útil”.
foto

De aí a existencia da pestaña Contamos contigo onde calquera poderá enviar as súas queixas, suxestións ou felicitacións incluso hai o compromiso de publicar fotos denuncia e de facer un seguimento dos temas que particulares envíen a través da rede.

Os internautas que tecleen www.ppdelugo.com  poderán tamén consultar as distintas propostas dos concelleiros do Grupo Popular ben pola orde cronolóxica das súas intervencións, ou ben polas distintas áreas nas que se reparte o traballo.

Unha galería de fotos, enlaces a outras páxinas provinciais e estatais do Partido Popular, indicacións de cómo poñerse en contacto ou fixar entrevistas persoais completan esta páxina na que non falta a sección de opinión.

O voceiro do Grupo Popular, Joaquín García Díez, terá tamén o seu propio blog no que opinará sobre distintos temas de actualidade. O compromiso é que teña unha periodicidade semanal.

Unha das novidades desta páxina web é a incorporación  dun sistema de avisos en forma de banner onde se informará de convocatorias e actos de interese.
foto
foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo