-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular afirma que o Concello malgastou 8.000 euros na edición dunha guía escolar infestada de erros

20/09/2007

* O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia o malgasto de diñeiro público na edición dunha guía de actividades escolares.

Alicia Peña explicou que o concello gastou 7.930 euros na edición dun libro que se entregou para uso interno nos centros escolares. A edila popular puntualizou que a información central deste documento é a do calendario do actual curso académico e indicou que xusto esta información está infestada de erros.

* Colócase o mes de novembro antes que o de outubro.
* Tamén, e sempre segundo esta publicación do Concello de Lugo, o 12 de outubro (Día do Alicerce) hai colexio. Tamén aparecen como lectivos o 10 e 11 de abril.
* Así mesmo, segundo o calendario desta guía, prolóngase a semana santa os días 25 e 26 de marzo. Mentres que pola contra días lectivos como o 7 de decembro ou o 28 de xaneiro aparecen como festivos, cando non o son.
* No calendario de conmemoracións tamén se detectan algúns erros de datas.

Alicia Peña cre que a concellaría de educación debería priorizar os gastos do seu departamento e ve un sen sentido e un malgasto a edición deste documento. Para a edila popular os centros escolares de Lugo estarían moito máis agradecidos se os 8.000 euros que se gastaron nesta publicación destinásense a arranxos de mantemento ou melloras.
Policía Municipal

Pensamos que o mínimo que debería facer a responsable de educación é ler as publicacións antes de mandalas. A xuízo de Alicia Peña "un material así, non ten ningunha utilidade". A edila lamentou o deixamento do equipo de goberno porque parece que cando "traballan co diñeiro dos demais todo lles vale".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo