| |
|
|
| |
| A fiscalía recoñece claramente a falta de celo do Concello na defensa do seu patrimonio e da legalidade do vertedoiro de San Cibriao |
19/09/2007 |
|
* Jaime Castiñeira lamenta que, en caso de habela, pásese a responsabilidade penal a unha persoa falecida.
* O edil popular bota en falta que o auténtico responsable, o alcalde, non declarase.
* Ao Grupo Popular chámalle a atención que se mesturaron nas dilixencias dous expedientes que nada teñen que ver.
|
O edil popular, Jaime Castiñeira, analizou, en rolda de prensa, a notificación da fiscalía sobre o caso do vertedoiro de San Cibrao.
Nas conclusións da fiscalía recoñécese "claramente" que o Concello puido ter un maior celo na defensa do seu patrimonio e na esixencia do cumprimento da legalidade a terceiras persoas.
A fiscalía recoñece tamén "claramente" que hai irregularidades administrativas e pasa responsabilidade á Xunta de Galicia. Castiñeira dubida da actuación das Consellerias cando levamos máis dun ano asistindo a actitudes nas que TODAS as administracións competentes eludiron responsabilidades. |
Mestúrase información:
Orozco conseguiu confundir e enredar a documentación que enviou á fiscalía. Mesturáronse dous expedientes que non teñen nada que ver;
Unha cousa é un terreo persoal situado en pártea oeste da autovía Expediente do concello 5/2003. Esta leira estaba catalogada como chan non urbanizable (rústico de protección común).
|
|
Outra cousa é a leira, propiedade do Concello, obxecto da denuncia do PP. Neste caso é chan non urbanizable de protección especial de infraestruturas tal e como se fixo constar na denuncia.
O edil popular lamentou que se pase a responsabilidade penal sobre unha persoa falecida, en referencia ao edil nacionalista Marcos Cela "cando o propio alcalde era coñecedor de que se estaban levando a cabo vertidos, sen as debidas autorizacións, en terreos municipais e que un particular cobraba por esta actividade sen que mediase concesión algunha".
ANTECEDENTES.-
O Grupo Municipal do PP denunciou o 25 de agosto de 2006 a explotación dun depósito ilegal lindeiro cun tramo da ruta xacobea. Os populares pediron explicacións ás distintas Consellerias de Ordenación do Territorio, Cultura, Medio Ambiente e Industria e tamén se presentou a documentación na fiscalía de Lugo.
Na denuncia o Grupo Popular aseguraba que uns 150 camións depositaban restos nuns terreos municipais situados en San Cibrao. A vertedura de cada metro cúbico de terra pagábase a 0,60 euros polo que se estimaba que o particular que explotaba este vertedoiro podería obter uns beneficios duns 300 millóns de pesetas. O concello non recibía nada a cambio.
|
|