-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O grupo popular fai un chamamento para que os veciños fagan uso da Comisión de suxestións e reclamacións

14/09/2007

* A Presidenta desta comisión, a popular Cristina Ares explicou que, con este mecanismo, mellorarase a democracia participativa. A primeira reunión está fixada para o día 24 de setembro.
* García Díez anuncia unha política de rúa activa "nos próximos días enviaremos máis de 300 cartas a asociacións da cidade póndonos a súa disposición".

O Grupo Municipal Popular levará a cabo neste mandato unha política de rúa moi activa. Os primeiros contactos serán cos responsables das asociacións veciñais, culturais, e sociais da cidade. O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, explicou que "nos próximos días repartiranse as máis de 300 cartas nas que o equipo do grupo municipal do PP ponse a disposición do tecido social da cidade para traballar en común polo avance da democracia participativa".

A idea é canalizar as súas iniciativas e brindarse a coñecer de primeira man nos barrios as demandas ou suxestións que consideren oportunas. Así mesmo os populares ofrécense a visitar os locais sociais das entidades que así o soliciten para coñecer de primeira man as súas actividades e demandas

Os populares comprométense a que os contactos cos representantes das asociacións con implantación no municipio sexan permanentes. "Todas as iniciativas no campo da participación cidadá serán benvidas".

Foto

Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.-

A concelleira, Cristina Ares, subliñou que neste mandato os lucenses terán, grazas ao novo regulamento, o dereito a recibir unha resposta personalizada as súas reclamacións, nun prazo máximo de tres meses desde a súa presentación. A edil popular referíase a Comisión especial de Suxestións e Reclamacións, que ela mesma preside: "este novo instrumento municipal para a defensa dos dereitos dos veciños e veciñas nas súas relacións co Concello coñecerá todas as reclamacións, queixas ou suxestións sobre materias de competencia municipal e sobre o funcionamento dos servizos municipais que cheguen á Oficina de Información e Atención ao Cidadán".

A Comisión supón unha innovación importante neste tipo de procedementos xa que agora a unidade municipal correspondente está obrigada a estudar a queixa ou suxestión e a adoptar unha solución ao respecto. O interesado ou interesada recibirá unha resposta no prazo de tres meses desde a data de rexistro.

A Comisión especial de Suxestións e Reclamacións, poderá requirir a comparecencia dos responsables da unidade municipal afectada. Igualmente, no seu informe anual, do que dará conta ao Pleno, poderá formular recomendacións xerais para o avance dos servizos públicos e a atención ao cidadán.

A primeira reunión deste organismo será o luns 24 de setembro. Desde o Grupo Popular fan un chamamento aos veciños para que fagan uso deste mecanismo "vital" para garantir os seus dereitos.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo