-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao Equipo de Goberno de ningunear aos grupos musicais lucenses que participan no festival Muralla Rock

13/09/2007

* Sofía López Linares afirma que a falta de previsión e de coordinación provocou cambios de horarios e de localización das actuacións.

O Grupo Municipal do PP lamenta que o Concello estea "ninguneando aos grupos locais lucenses". Sofía López Linares pediu explicacións ao equipo de goberno polos fallos de organización do Festival Muralla Rock.

A edila popular lamenta a pouca previsión dos responsables locais na montaxe desta sexta edición do Festival: "fai dous días cambian a localización dos concertos, logo a hora de actuación adiantándoa ás 19:00".

A xuízo de Sofía López Linares as présas de modificar todo a última hora prexudican dun xeito notable aos conxuntos musicais. "A publicidade impresa non coincide para nada coa axenda prevista do Festival que se desenvolverá a partir de mañá venres. É máis, ata se anuncian autobuses pondo a primeira saída xusto unha hora despois do comezo deste evento".

Para Sofía López Linares é un disparate non consentir a estas agrupacións de xente nova "cando moitas das cousas que se solicitan son de sentido común como é o caso da realización de probas de son previas as actuacións". Por iso solicita que se publiciten adecuadamente os cambios e que de face a próximas edicións trabállese cunha maior planificación "Se Lugo ten un potencial de grupos musicais o que debemos é animalos a traballar e non porlles trabas no camiño"

Foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo