-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular ve precipitada a constitución da empresa mixta da auga

12/09/2007

* Os concelleiros populares propón que se aprace a toma de decisión á posta en funcionamento da nova potabilizadora.

* Os concelleiros populares explicaron que "non se apoiará unha subida abusiva das tarifas".

O Grupo Municipal do Partido Popular solicita máis tempo para estudar a documentación e situarse con respecto á creación dunha empresa mixta para xestión do ciclo integral da auga. Os concelleiros, Teresa Taboada e Enrique Rozas, explicaron que hai aspectos do estudo que se presentou hoxe que non están o suficientemente claros. Os concelleiros referíronse á subida inxustificada das tarifas para locais de usos comerciais e industrias.

Nesta primeira valoración, o Grupo Municipal do PP explicou que a día de hoxe descoñécese o prezo final do consumo de auga, mentres as empresas interesadas non presenten as súas ofertas.

Outro tema no que se insiste desde o Partido Popular é na precipitación de sacar neste momento esta iniciativa xa que o goberno municipal anunciou que en poucos meses entrará en funcionamento a nova potabilizadora de auga. Para os concelleiros do PP o máis prudente sería agardar á posta en marcha destas instalacións para tomar unha decisión. "Se se mellora a calidade da auga cabería a posibilidade de reformularse este tema".

Foto
Persoal.-

No tocante aos traballadores laborais que na actualidade están no Servizo Municipal de Augas, o Grupo Municipal do PP lamenta que non haxa un posicionamento claro por parte do equipo de goberno con respecto ao seu futuro laboral.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo