-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se desprace a zona de carga e descarga da rúa Villalba

09/09/2007

* Enrique Rozas solicita este cambio antes do comezo do curso para evitar situacións de colapso de tráfico

O Grupo Municipal Popular a través do concelleiro Enrique Rozas solicita de forma urxente o cambio de localización da zona de carga e descarga da rúa Vilalba.

Para o edil do PP esta vía é un dos puntos negros que hai na cidade, xa que, ao peonalizar o tramo da rolda, absorbe todo o tráfico. Esta situación verase agravada co comezo do curso escolar xa que, á marxe da circulación normal diaria, engadiranse os autobuses de transporte escolar.

Enrique Rozas considera que esta situación podería evitarse desprazando a zona de carga e descarga que hai na entrada desta rúa inmediatamente logo da parada de autobuses. Deste xeito evitaríase os embotellamentos que se rexistran cando camións e furgonetas de repartición estacionan neste punto, ao trasladar a zona de carga e descarga habería unha maior fluidez do tráfico rodado e evitaríanse situacións de risco

Recordar que o Grupo Popular instou recentemente ao goberno municipal para que constitúa o máis axiña posible, un grupo de traballo que analice solucións rápidas e eficaces para eliminar os numerosos puntos negros que hai na cidade.

Foto

Os populares propuxeron que este equipo estea integrado por representantes de todos os grupos municipais, por técnicos, funcionarios municipais das áreas implicadas (policía municipal, gabinete de tráfico, servizo infraestruturas, negociado de transportes...). A La hora de adoptar estas medidas debería contarse tamén coas suxestións dos representantes do sector do transporte como taxistas, repartidores e colectivos como o dos motoristas, ciclistas.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo