-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao Concello maior control na apertura de gabias

06/09/2007

* No ROGO que os populares levarán a pleno reclaman que "unha vez que empresas de servizos ou particulares fagan reparacións ou acometidas de novas edificacións deixen as rúas no seu estado orixinal".
* Castiñeira recorda que o concelleiro de obras prometeu, fai cinco anos, unha normativa para controlar a apertura de gabias.

O Grupo Municipal Popular presentará un rogo no pleno do concello para que se controlen os traballos que fan as empresas de servizos e particulares cando abren gabias para reparacións, instalacións de novos servizos e acometidas de novas edificacións en espazos públicos.

O concelleiro popular, Jaime Castiñeira, indicou que neste momento "dá a sensación de que o único que fai o concello é conceder permisos de obras sen máis". O que se pide desde o Grupo Popular é que unha vez que se fagan os traballos a rúa quede no seu estado orixinal mediante un control do final de obra.

Castiñeira puxo como exemplo deste descontrol as lousas de granito da rúa do Bo Jesús que se cambiaron antes do verán por causa dunhas reparacións. "Algunhas delas quedaron mal colocadas e xa se moven salpicando aos peóns que as pisan. Ademais deberon darlles a volta , xa que se nota un cambio de cor no pavimento". Para o edil popular, Jaime Castiñeira, "está claro que hai que diferenciar o tipo de obra e en casos como este, nunha zona situada xunto a Catedral, deberíase ser moito máis coidadoso facendo un seguimento especial dos traballos executados".

Foto

É unha práctica habitual non haxa control efectivo do final deste tipo de obras e así puntualizou que se "atopan cheas de parches nótase as zonas que sufriron aperturas...."

Atraso normativa control de gabias.-

Noutra orde de cousas, o edil popular pediu explicacións sobre a situación na que se atopa o proxecto de ordenanza municipal para controlar e regular a apertura de gabias en rúas para instalación de servizos. O borrador da citada normativa presentouse fai cinco anos, houbo emendas ao texto, e o que é hoxe concelleiro de obras quedou en presentar un novo documento. "Seguimos igual que en 2002 non se deu ningún paso desde que se anunciou a ordenanza".

Nese sentido, Jaime Castiñeira, recordou que o Partido Popular propuxo, entre outra cousas, a posibilidade de crear de túneles de servizos nas urbanizacións de nova construción.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo