| |
|
|
| |
| O Grupo Municipal Popular quéixase de que segue decatándose polos medios de comunicación das novidades das festas de San Froilán |
04/09/2007 |
|
* A Comisión de Festas convértese nun órgano decorativo, sen que exista debate algún.
* As iniciativas propostas polo Grupo Municipal Popular son ignoradas pola responsable deste área, que actúa coa prepotencia que demostraba cando gozaba da maioría absoluta.
O Grupo Municipal Popular, a través do seu concelleiro Alicia Pena queixouse da actitude do goberno municipal "que na organización das festas do San Froilán actúa coma se non perdese a maioría absoluta".
|
Alicia Pena lamenta que a pesar das reiteradas chamadas do Partido Popular para consensuar, canto antes, temas relativos a estes festexos "teñámonos que decatar pola prensa de que se nos vai a convocar este venres a unha reunión da comisión de festas".
A edila popular puntualiza que "nin a prepotencia nin a soberbia da responsable desta área, que actúa como si gozase de maioría absoluta, impedirá que o grupo popular continúe presentando propostas para mellorar estes festexos".
|
|
Recordemos que durante o pasado mes de agosto propúxose, entre outras cousas, que o concello alugase casetas ou jaimas para os vendedores ambulantes do San Froilán. Esta medida sería moito máis segura, hixiénica e ata estética que os actuais postos que se colocan no feiral.
|
| |
|
|
|
|