-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Xa non hai escusas para a mala coordinación da Policía Local

04/09/2007

* O Grupo Municipal Popular denuncia que o Equipo de Goberno quedou sen coartada á hora de xustificar a desastrosa organización da Policía Local

* É pouco serio que se responsabilice aos axentes da falta de xestión deste servizo.


O Grupo Municipal Popular denuncia que o equipo de goberno ?quedou sen coartada? á hora de xustificar a desastrosa organización da policía local. Enrique Rozas referíase ás declaracións de inspección de sanidade de Lugo nas que se afirma que non ven anomalías nas baixas da policía local.

O concelleiro popular insiste en que a dirección da policía local falla e intenta xustificar á súa ineficacia buscando escusas de mal pagador. Rozas pide ao equipo de goberno que non sigan pondo escusas e que se solucione xa o servizo. O edil popular recordou que o Director Xeral leva tempo dabondo (tomou posesión fai dous meses) para organizar a Policía.
Policía Municipal

Para o edil popular é vergoñoso e pouco serio que un responsable político insinúe e poña en cuestión a profesionalidade dos axentes para que logo desmíntano os responsables do control das baixas.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo