-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
PSOE e BNG rexeitan a proposta sobre o plan de reequilibrio territorial de Galicia presentada polo PP

03/09/2007

* Esperábase que por coherencia apoiasen esta proposición. "O seu rexeitamento a esta iniciativa reflexa o seu conformismo". "O BNG e o PSOE co seu voto contrario o que manifestan é que están satisfeitos do que o Plan de reequilibrio recolle para Lugo: NADA"
* Socialistas e nacionalistas pensan entón que Lugo non ten nada que reequilibrar "sobra de todo".

Palabras de Touriño sobre o plan (4-09-08): "Por primeira vez na historia deste país hai unha aposta, un desafío colectivo para ir logrando que as zonas máis atrasadas recuperen posicións".


Socialistas e nacionalistas rexeitaron, esta tarde no pleno do Concello a proposición que presentou o Partido Popular. José Manuel Barreiro lamentou que PSOE e BNG renunciasen a mellorar este documento.

José Manuel Barreiro argumentou que o documento non presenta ningunha novidade. No seu contido mestúranse moitos proxectos pendentes tras o cambio de Goberno autonómico, que xa tiñan que estar executados, e outras actuacións que foron paralizadas polo bipartito e que, no seu momento, nin sequera preocupáronse por reprogramar.

O Grupo Municipal Popular considera de interese municipal prioritario que o Pleno do Concello de Lugo inste á Xunta de Galicia a que teña en conta as achegas dos concellos antes de pechar definitivamente o plan, e a que estableza prazos de execución concretos así como as previsións orzamentarias precisas en relación con todas e cada unha das actuacións incluídas no ata.

Foto

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo