-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular reclama que se completen as obras do Parque do Miño por tramos

31/08/2007

* O parque do Miño pechouse o 7 de agosto de 2005. Este é o terceiro verán sen que os lucenses poidan gozar do mesmo "a pesar das reiteradas promesas de apertura do PSOE" .

* García Díez critica que o concello dese o visto e prace ao deseño das casetas de explotación, excesivas para os aparellos que van albergar. O Grupo Popular pide que se estude a posibilidade de habilitar nelas servizos públicos.

O portavoz do Grupo Popular pediu esta mañá que se completen e finalicen as obras do parque do Miño por tramos "e que se abran paulatinamente as zonas que estean máis avanzadas". Joaquín García Díez facía esta proposta logo de comprobar in situ o estado deste parque "unha zona que se abriu tan só con efectos propagandísticos". Ao portavoz popular ata lle chamou a atención que, tal e como está, o Concello coloque mobiliario urbano cando iso "é o último que hai que pór".

Casetas de explotación.-

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular tamén se pronunciou esta mañá sobre a resposta do Ministerio de Medio Ambiente a unha pregunta que, como deputado, formulou en Madrid sobre os edificios de explotación que se están construiyendo no parque do Miño.

Rueda de Prensa en el Parque del MIño
Para García Díez o goberno central considera que estas construcións non son obstáculos para a canle fluvial "se ese é o seu criterio esperemos que se manteña tamén para o futuro acceso da ponte. Se non estorban ao río estas edificacións, menos a plataforma dunha estrada". O portavoz popular referíase á posibilidade de ampliar a estrada nacional VIN como acceso alternativo para que a nova ponte afecte ao Parque de Marcos Cela.

Joaquín García Díez volveu insistir en que considera excesivo o tamaño destas casetas "para edificios destas características parécennos unhas dimensións inadecuadas. Na zona do Intre levou a cabo unha obra de rede de colectores e as casetas non ocupan nin unha décima parte que estas" .

García Díez acusou ao Concello de pouca sensibilidade nos temas ambientais "xa que segundo confirma o Ministerio de Medio Ambiente consultouse ao Concello sobre a construción destas casetas e non puxo reparos". O deputado popular e portavoz do Grupo Popular de Lugo entende que "por tratarse do seu partido" non se puxo ningunha observación ao goberno socialista de Madrid.
Rueda de Prensa en el Parque del MIño
Proposta.-

Joaquín García Díez subliñou que de manterse os edificios actuais, que hai no parque, estúdese a posibilidade de darlles outros usos múltiples e dado que as edificacións son excesivas para os aparellos que albergarán poderíanse habilitar servizos públicos. O portavoz popular tamén propón que se adapte o tratamento externo destas casetas á contorna, pondo en cuestión a cor vermella inglés coa que o están pintando.

Incumprimento reiterado prazos:
as advertencias e as respostas do PSOE.-


O portavoz popular fixo para rematar un chamamento aos cargos locais e nacionais do PSOE para que non xoguen máis coas datas "A obra do parque do Miño é un claro exemplo da súa incapacidade de xestión e da política de compracencia".

García Díez explicou como o equipo de goberno do PSOE cansouse de acusar ao Partido Popular de alarmista e de facer unha política de "crispación" con este tema . O concelleiro de obras, o señor Piñeiro, en 2005 chegou a dicir que as obras deste parque ían a un "moi bo ritmo" e comprometíase a abrir este espazo no verán de 2006. Esa era a súa resposta a advertencia que o PP fixo indicando que nin no verán de 2007 estaría preparado o parque. "Quedámonos curtos e nin conseguiron axilizar a obra para cumprir os peores prognósticos".

Hai que recordar que Joaquín García Díez denunciou no Congreso dos Deputados, desde o inicio destes traballos, a forma na que se están acometendo "sen a mínima sensibilidade exixible" e a nula vontade de rectificación á hora de levar a cabo esta obra por tramos.

A contestación da deputada do PSOE á proposición non de lei que se debateu, a instancias do PP, nunha comisión de Medio Ambiente tampouco ten desperdicio:
Nela asegúrase, o 15 de marzo de 2006, que a previsión era finalizar as obras en xuño de 2007. E sobre a reprogramación fala de "a reapertura do parque público por zonas, que posiblemente imos poder facer en menos tempo do que imaxina vostede".

"Señor deputado agradézolle a posibilidade de poder demostrar hoxe que cumprimos onte dous anos de Goberno Socialista, que cando un partido proponse facer algo, cando dá a súa palabra e cúmprea é a mellor forma de demostrar que se se ten vontade política, realízanse as cousas ben, con prontitude e cunha gran calidade"

O Concello de Lugo pechou o parque do Miño, sen previo aviso aos usuarios o 7 de agosto de 2005. A obra que se está destruíndo foi unha das máis emblemáticas de recuperación de espazos degradados xunto ao río Miño, xestionada en 1998 polo Goberno Municipal do Partido Popular.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo