| |
| O PP preguntará en que situación está o expediente do vertedoiro de San Cibrao iniciado pola Xunta en marzo deste ano |
30/08/2007 |
|
* Fai un ano que o Grupo Popular denunciou que un particular vertía, sen as debidas autorizacións, nuns terreos municipais.
* Os populares seguen á espera de que a fiscalía resólvase o expediente. |
O Grupo Municipal Popular critica a falta de intervención por parte do Concello e Xunta de Galicia tanto no arranxo do Camiño Primitivo ao seu paso polo vertedoiro de San Cibrao, como na rexeneración desta zona.
O Grupo Municipal do PP denunciou o 25 de agosto de 2006 a explotación dun depósito ilegal lindeiro cun tramo da ruta xacobea. Os populares pediron explicacións ás distintas Consellerias de Ordenación do Territorio, Cultura, Medio Ambiente e Industria e tamén se presentou a documentación na fiscalía de Lugo. |
O Grupo Popular denunciaba que se estaban levando a cabo vertidos sen as debidas autorizacións en terreos municipais e que un particular cobrou por esta actividade sen que mediase concesión algunha.
|
|
Pasou un ano e ningunha das administracións ás que se comunicou o caso resolveron a denuncia e a zona segue igual que cando pararon, en setembro de 2006, as verteduras. O único novo é a maleza que creceu no monte.
Desde o Partido Popular presentaranse novas iniciativas para saber en que situación está o expediente aberto pola Consellería de Ordenación Territorial e insistirá en pedir que se fagan catas para comprobar se houbo depósitos de restos da construción nesta zona. |
| |
|
|