| |
| O Grupo Municipal do Partido Popular critica que o Concello non incluíse na negociación con Interparking a ampliación das prazas |
28/08/2007 |
|
* As prazas pasarían a ter 2,5 x 5 mretros, polo que os condutores gañarían medio metro de ancho por 30 centímetros de fondo para aparcar.
* A Rozas chámalle a atención que se externalizara un estudo sobre esta concesión cando no Concello hai técnicos que poderían realizar este traballo sen custo algún. |
O GMPP critica que o Concello faga oidos xordos á proposta que presentou no marco da negociación coa empresa adxudicataria dos parkings públicos para ampliar o tamaño das súas prazas.
Enrique Rozas subliñou que este tema é tan importante como a tarifa final que se cobrará aos usuarios: "de nada vale axustar o prezo se logo non podes meter o coche polo reducido tamaño das prazas".
Na actualidade as prazas dos aparcadoiros públicos teñen un tamaño de 2,20 x 4,5 metros; O que reclama o Partido Popular é que estas prazas pasen a ter as medidas do Plan Xeral que se está tramitando (2,5 x 5) "gañando medio metro de ancho e 30 centímetros de fondo"
|
Enrique Rozas pide un último esforzo negociador antes de que entre en vigor a nova normativa que regula os prezos destes aparcadoiros
|
|
O Partido Popular tamen acusou ao equipo de goberno de externalizar o estudo no que basea a súa decisión "cando tiña persoal técnico no concello que podía, gratis, realizar este traballo".
Rozas lamenta que o Concello esperase ata o último momento para dar unha saída a esta negociación coa empresa adxudicataria dos parkings públicos.
|