-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia o abandono do parque infantil da Cheda

28/08/2007

* Alicia Peña pide que se corte a maleza que invade esta zona de xogo. O parque foi inaugurado fai un ano e custou 56.000 euros.

A concelleira popular Alicia Pena denunciou esta mañá o "calamitoso estado no que se atopa o parque infantil da Cheda situado na rúa río Mandeo".

A maleza invade os bancos, a fonte e a propia contorna do parque motivando as queixas dos veciños. Para Pena é unha "vergoña e un desprezo para o barrio" que o parque estea nestas condicións polo que insta a que se arrombe canto antes.

A concelleira popular subliñou que este parque foi inaugurado o 3 de maio de 2006 "aos catro ventos" e tivo un custo de 56.000 euros. Pena insistiu en que é importante que os pequenos teñan espazos de lecer pero que unha vez instalados hai que mantelos en condicións.

Foto

Alicia Pena subliñou como o último ano do anterior mandato houbo un claro afán por parte do alcalde de inaugurar parques (10 en campaña), "unha cousa é abrir zonas novas e outra mantelos en boas condicións".

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo