-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular solicita a desratización inmediata da rúa Perpetuo Socorro

27/08/2007

* A concelleira tamén pediu unha solución ás nubes de mosquitos que aparecen en locais da rúa da Cruz.

Os veciños que residen en Perpetuo Socorro quéixanse da lamentable situación na que se atopa a rúa. O mal estado dos sumidoiros provocou a aparición de ratas. ?Os animais entran en portais e en baixos comerciais, chegando, en ocasións, a deambular pola rúa?.

Ante esta situación a edil popular, Teresa Taboada, solicita que leve a cabo a desratización e a limpeza inmediata dos sumidoiros.

Para a concelleira popular o equipo de goberno abandonou a estes veciños. Proba diso é a deterioración do pequeno xardín situado ao fondo da rúa: ?o único banco que hai está cheo de pintadas, a herba está sen cortar; e faltan uns rosales que arrincaron e nunca repuxeron?.

Foto

A concelleira, que visitou esta zona, explicou que habitualmente aparecen coches abandonados (hoxe ata hai un a vinte metros do cruzamento coa Avenida da Coruña).

A imaxe do barrio agrávase cos grafitos e a sucidade xeral que hai na rúa, aparecendo ata rodas tiradas.

Para rematar a concelleira popular pediu a reparación das beirarrúas, que se atopan moi deterioradas, así como un repaso da calzada, que segundo os veciños non se tocou desde fai dez anos.

Rúa da Cruz.-

Teresa Taboada tamén se fixo eco das queixas de comerciantes e hostaleiros da rúa da Cruz pola aparición de nubes de moscas dentro dos seus locais.

Os insectos, dun tamaño moi reducido, saen dos canlóns laterais que hai ao longo da rúa. Segundo técnicos especialistas en desinfección, estas moscas aparecen en augas apozadas.

A edila popular apuntou que a existencia destes insectos pode ser un problema derivado do cambio que o equipo de goberno fixo da canalización da rúa da Cruz, cando quitou as lousas de pedra e substituír polas que hai na actualidade.

Teresa Taboada pídelle ao concelleiro de Medio Ambiente que ofreza unha solución a este problema que preocupa aos hostaleiros e comerciantes, sobre todo nesta época na que hai máis afluencia de turistas
Foto
 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo