-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide a creación dun grupo de traballo eficaz para acabar cos puntos negros de tráfico

23/08/2007

* Enrique Rozas opina que as propostas deben consensuarse cos sectores afectados (taxistas, repartidores, condutores ... ) así como cos grupos da oposición e técnicos implicados.

Enrique Rozas, ofreceu hoxe, en rolda de prensa, toda a colaboración do seu partido en materia de seguridade viaria para tratar de buscar solucións para evitar accidentes de tráfico que se producen en determinados puntos negros da cidade "É bo que todos participemos e tratemos de buscar o consenso para un tema tan preocupante e que afecta a todos".

Nese sentido o Grupo Popular insta ao goberno municipal para que constitúa o máis axiña posible, un grupo de traballo integrado por representantes de todos os grupos municipais, por técnicos, funcionarios municipais das áreas implicadas (policía municipal, gabinete de tráfico, servizo infraestruturas, negociado de transportes...). Á hora de adoptar estas medidas debería contarse tamén coas suxestións dos representantes do sector do transporte como taxistas, repartidores e colectivos como os motoristas, ciclistas...
Policía Municipal
Eliminar puntos negros.-

A xuízo do Partido Popular hai actuacións que se deben acometer canto antes "baixo o noso criterio requiren unha actuación inmediata, non nos valen as desculpas de que hai que agardar a redacción dun Plan de Tráfico, un documento que o goberno de Orozco condicionou durante o pasado mandato á aprobación do PXOM" puntualizou Enrique Rozas.

Propostas.-

Cambio localización pasos de peóns:

Enrique Rozas puxo tres exemplos de mala localización de pasos de peóns:

1. O que hai na Avenida de Ramón Ferreiro diante da porta do Colexio María Auxiliadora. O Partido Popular propón que se pinte antes do cruzamento, xa que sería moito máis seguro para os peóns e contribuiría a dar unha maior fluidez de tráfico dos vehículos que acceden á Avenida pola rúa Mariña Española.
2. Recolocar o paso de peóns que hai na Avenida da Coruña confluencia con rúa Concepción Areal. A proposta é que se pinte despois do cruzamento evitando o colapso de tráfico dos vehículos que acceden a Concepción Areal.

3. Modificar o paso de peóns que hai diante do Colexio Maristas e colocalo antes da parada de autobuses. Este cambio de localización é necesario por motivos de seguridade tanto para o tráfico como para os peóns.

Creación de rotondas en Afonso X O Sabio, Avenida Magoi, e Glorieta Irmáns Pedrosa.
Policía Municipal

Mellorar sinalización

Para evitar confusións e situacións de perigo a condutores deberíase sinalizar a supresión dun carril en Avenida de Madrid. Rozas explicou que sendo unha das entradas á cidade o mínimo que se debería é sinalizar este estrechamiento ao pasar o cruzamento da Avenida das Fontiñas, á altura do conservatorio; un caso similar ao da Fonte dous Ranchos.

Rozas tamén indicou que sería conveniente que se eliminase a sinalización do carril-bus, que a día hoxe non funciona, na Avenida de Ramón Ferreiro. Coa situación actual prodúcense retencións de tráfico.

Re-estructuración de zonas de aparcadoiro Traslado da zona de carga e descarga para evitar situacións de risco na na rúa Vilalba.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo