-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Jaime Castiñeira: "Afortunadamente a reforma do casco histórico fíxose co PP; co ritmo do PSOE o centro estaría hoxe sen peonalizar"

22/08/2007

* O equipo de Orozco só foi capaz de peonalizar dúas rúas en oito anos fronte ás 34 que o Partido Popular patonalizó, en catro anos no casco histórico.

As declaracións do concelleiro de obras, José Piñeiro, son un exemplo máis da política dos socialistas "botan a culpa ao anterior goberno do PP do que pasa en Barcelona, en Madrid e en Lugo ... e aquí na cidade gobernan eles desde fai case nove anos".

O concelleiro popular, Jaime Castiñeira, recordou que o equipo de Orozco só foi capaz de peonalizar dúas rúas en oito anos fronte ás 34 que o Partido Popular patonalizó, en catro anos no casco histórico.

Castiñeira, explicou que cando se urbaniza un chan calcúlase para accesos de residentes e servizos non para o paso de camións de grand tonelaxe que ao manobrar esnaquizan o pavimento.

Foto

Quen recibe 34 rúas arranxadas no centro é o goberno de Orozco, "o curioso é que intentaron capitalizar todo este traballo pero cando se fala de reparacións a culpa, a pesar de que transcorreron oito anos, segue sendo do Partido Popular. NON É CRIBLE".

Desde o Grupo Popular pídenlle ao responsable de obras do equipo de Orozco que medite as súas palabras porque os argumentos que utiliza non teñen peso. "Se algunha obra planificouse ben e axustouse o un investimento foi a peonalización do casco histórico. Houbo unha aprobación geralizada e a gran maioría recoñeceu que cambiou definitivamente la cidade".

Castiñeira recomendoulle ao responsable de obras "que o que ten que tomar algo para a memoria é el". Leva contestando o mesmo ano tras ano e o pavimento segue sen reparar.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo