| |
| O Grupo Municipal Popular quere saber porqué o Concello pediu que a Garda Civil ocupásese da unidade de ateigados tendo axentes de servizo |
13/08/2007 |
|
* A medida adoptada polos responsables do goberno este fin de semana vulnera a lei de forzas e corpos de seguridade.
* Para Rozas é inadmisible que cun persoal de 140 axentes non estivese prevista a cobertura dos incidentes de tráfico no centro urbano.
|
O Grupo Municipal do Partido Popular quere saber porqué o Concello pediu á unidade de ateigados da garda civil que cubrise os incidentes producidos este fin de semana no centro urbano.
Segundo o concelleiro popular os responsables da policía encargaron ao xefe de quenda que, en caso de ser necesario levantar algún ateigado, recorrésese á Garda Civil. Esta medida demostra que a dirección política perdeu o norte xa que non ten ningún sentido algo que para Rozas supón "un desprestixio dun corpo policial que ano tras ano alcanza unhas cotas de deterioración tan alarmantes que chega a ser vergoñoso". |
Para o Partido Popular esta forma de actuar é inamisible. "Como nun persoal de 140 axentes non hai nin un só policía para cubrir o servizo de ateigados nesas dúas quendas?". Enrique Rozas explicou que en dúas quendas non houbo unidade de ateigados na policía local.
Rozas informou aos responsables políticos que deron a orde que, antes de pedir reforzos externos, saiban que calquera axente está capacitado para atender incidentes de tráfico no centro urbano. |
|
A Enrique Rozas parécelle inaudito que o equipo de goberno adopte esta medida xa que "vulnera a lei de forzas e corpos de seguridade onde se especifica claramente que a competencia exclusiva en materia de tráfico nos centros urbanos corresponde á policía local de Lugo".
O Partido Popular pídelle ao concelleiro delegado e ao novo director da policía que se poñan a traballar en serio e que antes de facer parches como estes tomen medidas encamiñadas a reestruturación real do servizo.
|
| |
|
|