| |
| O Grupo Municipal Popular denuncia que faltan sinais turísticos e culturais nas entradas á cidade de Lugo |
13/08/2007 |
|
* Alicia Pena lamenta que durante estes últimos oito anos o equipo de Orozco non fose capaz de sinalizar adecuadamente a riqueza turística da cidade, e reclama que se atalle canto antes esta situación.
A concelleira popular Alicia Pena solicita que neste mandato cóidese "en extremo" a sinalización turística, tanto nos accesos de entrada, como xa dentro da cidade. Nese sentido, a concelleira popular insta ao goberno socialista para que faga as xestións oportunas coas administracións competentes para mellorar estes indicadores, "que substitúan os que estean deteriorados e colóquense novos onde non existen". |
Alicia Pena explicou que á vista está que "é moi pobre a información visual que se dá ao turista que accede á cidade". Por iso solicita "un esforzo por parte do Concello para que se vexa reflectido o que se pode ver en Lugo colocando máis sinais informativos, ou paneis dos monumentos que hai na cidade como a Catedral, as termas, ponte romana, casco histórico, museos ..."
|
|
Informe.-
A concelleira presentou un informe do estado no que se atopa a sinalización das distintas entradas a Lugo. Deste estudo despréndese que os indicadores que hai son escasos e que apenas se potencian a riqueza artístico-cultural que temos.
1. O punto con mellor sinalización é a entrada a Lugo pola N-VIN á altura do cruzamento de Ombreiro. Nesta localización existen indicadores "Catedral s.XII" (antes do enlace de Ombreiro) ; "Cidade Bimilenaria" (subida de Ramil). En ambos os casos deteriorados. Non existe o letreiro da muralla.
2. Na estrada de Santiago, aparecen sinais de "As Termas" (á altura BMW deteriorado) e "A Muralla bimilenaria". A edila tamén pediu un lavado para a fonte de pedra que está abandonada á altura do monte Segade xa que considera que a imaxe que dá aos turistas que entran non é a idónea.
3. O sinal informativo que hai na estrada vella de Santiago, entre o cemiterio de San Froilán e o cruzamento de Portomarín, apenas é visible. Esta tapado polas ramas dunha árbore.
|
|
4. Na estrada de Vegadeo á altura da rotonda autovía Coruña-Madrid existe tan só sinalización da Muralla.
5. No desvío a Lugo da nacional VIN pasando a gasolineira do Miño só hai indicador da Muralla.
6. Na saída da autovía polo Ceao aparecen só o cartel de Muralla.
|
7. Nas entradas pola estrada da Fonsagrada, Friol e Portomarín non hai nin un só sinal turístico.
Centro urbano.-
Xa dentro da cidade, a edila popular subliñou que botou en falta indicadores tan útiles para os turistas como a situación da oficina de turismo do concello, estación de autobuses e outros datos de interese.
|
| |
|
|