-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular aplaude que o PSOE comparta agora as propostas feitas polo PP para os distintos barrios da cidade

09/08/2007

* García Díez: "Aínda que que non é o Plan do PP pensamos que antes de que Lugo quede sen PXOM merece a pena esforzarse para reformar o documento en profundidade""

* Castiñeira satisfeito por conseguir que PSOE e BNG compartan a proposta do PP para o barrio Feijoo salvando así os 140 inmobles afectados no documento socialista

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular manifestou a súa satisfacción logo de comprobar que, tanto PSOE como BNG, comparten agora as súas propostas urbanísticas para os barrios de Lugo.

Joaquín García Díez explicou que aínda que hai un acordo político agora hai que ver como se encaixa no documento técnico, algo do que se falará o vindeiro martes na reunión co equipo redactor do PXOM.

O portavoz popular puntualizou que o seu Grupo está realizando un exercicio de auténtica responsabilidade. Insistiu na idea que difundiu na campaña de que este plan non valía para Lugo. Con todo, ante o reducido calendario que hai por diante "pensamos que merece a pena reformalo profundamente antes de deixar a Lugo sen PXOM. Hai moito en xogo e estamos dispostos a traballar duro durante o tempo que faga falta, e dispostos a manter cantas reunións sexan necesarias".

Joaquín García Díez

García Díez deixou claro que "o documento co que se está a traballar non é o noso plan pero como mal menor esperamos ter plan xeral. Polo Grupo Popular non vai quedar".

O denominador común das alegacións do Partido Popular buscan conservar todo aquilo que está consolidado, "Hai moitas rúas que non hai que ensanchalas deixando fose de ordenación numerosos edificios". "Moitos barrios, coa proposta do PSOE, estaban condenados a súa desaparición".

Pola súa banda o concelleiro Jaime Castiñeira dixo que se se conseguen concretar os cambios propostos "ben valeu a pena pelexar por un Plan Xeral mellor". Entre outros puntos referíase á alegación que se presentou para evitar a afección de 140 casas do barrio Feijoo.

 

 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo